A
palabra pensar provén do latín PENSARE
e significa pensar ou calcular. A palabra provén do latín o que
quere dicir, que xa na época de Roma pensaban e se ti aínda non o
fas deberías empezar deseguido. Para iso dareiche estes consellos:
-Necesitarás
para facer esta tarefa un cerebro e o demais virá asociado a el.
Para
os pensadores principiantes
-
Busca unha idea. Se non sabes como encontrala, busca calquera cousa do teu contorno.
-
Faite preguntas sobre a túa idea.
Ex: Que é? Como chegou aquí? Que fai?...
-
Intenta responder a esas preguntas . Se non sabes as respostas, invéntaas.
-
Cuestiona o motivo polo que non sabes as respostas das preguntas ou polo que si as sabes.
Advertencia: ao
principio pensar doe.
Para
os pensadores con experiencia
Cuestiona
todo o que vexas ou sintas e serás alguén con opinión e
pensamento propio e, polo tanto, perigoso para a sociedade.
-
Fíxate nun acto.
-
Comenta como ti farías ti esa acción.
-
Cuestiónate o porqué de que ti actuariases desa maneira.
-
Pregúntate por que a persoa que o fixo de distinta forma a ti.
-
Cuestiona de novo cal é a opción máis axeitada ou ética.
-
Empezarás a notar que tes opinións propias se comparas as túas ideas coas dos demais.
Espero
que este manual che servise de axuda para mellorar a túa capacidade
de pensamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario