luns, 20 de marzo de 2017

Cartas de amor por Sara Rivera (2º ESO)

ILEGAL:
Esta carta escríbea Ndeye a súa cuñada que está no Senegal. Cóntalle
como chegou á Península nunha barca. Ela está embarazada e o seu home
morreu no camiño. Ao chegar a España foi cara o norte, onde coñeceu a
un francés que facía o Camiño de Santiago. Decidiu acompañalo e quedou
a vivir en Galicia.
DESDE AS TEBRAS:
Sabela escríbelle esta carta ao seu home Bernal para contarlle que ten
moito medo. Traballa como cooperante nun hospital de Bagdad. Como o
país está en guerra, fixérona prisioneira e corre o risco de que a maten.
CONFESIÓN:
Mónica escríbelle esta carta a súa mellor amiga Clara. Isto foi para dicirlle
que é homosexual e o mal que o está pasando por non poder contarlle aos
demais o que sente en realidade.
SÁHARA , AMÉNDOA AMARGA:
Besmeh viviu sempre nun campamento de refuxiados de Tinduf. Marchou
estudar a Cuba, pero de alí a un ano tivo que regresar por culpa da asma
que lle producía o clima. Agora ela escríbelle unha carta a Ahmed onde lle
explica o triste que está e canto o vota de menos.
ZÉ, VOLCÁN DE AMOR:
Belinha e Zé vivían en Cabo Verde. Estaban casados pero el éralle infiel.
Cando unha das súas amantes apareceu morta, el emigrou a Portugal
porque se sospeitaba del.
O QUE NUNCA ME PREGUNTACHES:
Dyana conta como uns soldados a violaron cando tiña 9 anos. Fuxiu á
cidade e alí unha mafia meteuna nun bordel pero a policía puido rescatala.
Logo comezou a traballar nun bar aínda que seguía prostituíndose.
Todo isto cóntallo nunha carta a un cliente que lle prometeu casar con ela
e levala a Europa pero ela sabe que é mentira.
A CARTA INESPERADA:
Luis escríbelle a Begoña unha carta e contéstalle que non volva a
escribirlle xa que ela agora casou con un avogado como quería o seu pai.
Vaille moi ben porque ten unha boa posición e catro fillos.
Non quere que lle escriba porque aínda lle doe acordarse de el.
A GUERRA:
Esta carta escríbea Naida a Dzevad para explicarlle o mal que se sinte. Tivo
que marchar de Saraievo porque había guerra e decidiu traballar para
unha organización que axuda á xente que viviu nin país en guerra coma
ela. Axudar a esa xente no lle deixa olvidar o mal que o pasou e está
cansada de todo. Esa carta era unha despedida.
LONXE:
Bárbara e a súa familia chegaron de Uruguai fai un ano. Estalle costando
moito adaptarse aos costumes aínda que viven mellor. Bota de menos o
seu país e escríbelle esta carta ao seu mozo Luis Alberto para dicirlle que
non veña porque o vai pasar mal, e é mellor deixar a relación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario