sábado, 8 de decembro de 2012
O contador de estrelas de Jaureguizar
Antía pensaba que ía ser o seu peor verán e resultou ser o seu mellor verán.
Antía ten que ir coa súa nai ao traballo no servizo antilume e alí coñeceu a Enver,un mecánico de dazaoito anos. Neses días que súa nai tiña o turno de noite, Antía reuníase con Enver na antiga torre de control de Rozas,ás escondidas da súa nai.Onde lle contaba tantas historias da súa vida,mentres observaban as estrelas.Ela ao fin non sabía cal era a súa verdade.
Había un piloto vermello que acendía o lume, Romar saíu á súa captura e tivo un accidente. Antía quería aprender a pilotar unha avioneta e convenceu a Enver para que lle ensinara a voar. Foron a Ribadea e alí encontrou a seu pai que había once anos que non o vía. Despois de buscar o piloto vermello foi culpable o seu pai e botoulle a culpa a Enver, que o empuxara a prender o lume nas Rozas para castigar a Romar que o trataba moi mal e así prendeu lume no seu territorio.O pai de Antía e Enver foron encadeados.
Antía estaba certa de que Enver era un extraterrestre, do que ela estaba enamorada.
Jessica Pose (3º ESO)
Nogard de Marilar Aleixandre
Celia coidaba todos os venres aos seus sobriños Ricardo e Paloma.
Un día Celia contoulles un conto inventado titulado Nogard. Nogard era un dragón que facía todo o contrario dos outros dragóns. En vez de botar lume pola boca botaba auga e o seu nome era dragón ao revés. Os dragóns perderan a chave de onde estaba encerrado Setestrelo e sen el non poderían celebrar a gran festa dos dragóns. Unha noite, a Celia espertárona uns ratos e levárona por un burato na parede a Milmontes, onde vivía Nogard.
Entre todos buscaron a chave en Trasnufre, onde vivía o papa-palabras, que era un dragón con tres pares de mans e que sempre comía a última palabra de cada frase.
Para recuperala tiñan que xogar ao xogo das prendas. Gañaron eles, pero o papa-palabras non quería darlles a chave e atárono na cociña para ir buscala. Encontrouna Nogard. Saíron correndo pero coas presas, Celia espertou na súa cama coa chave na man. A noite seguinte, despois de loitar cos xoguetes dos seus sobriños que tamén querían a chave, foron a casa de Nogard e todos xuntos leváronlla ao rei. Como recompensa, o rei deu a Nogard a laranxa de ouro que fixo que en vez de auga botará lume.
Gustoume moito este libro porque mantén a intriga de principio a fin.
Irene Sánchez Suárez (1º ESO)
xoves, 29 de novembro de 2012
Tristes armas de Marina Mayoral
Esta novela trata sobre uns nenos que van exiliados a Rusia por mor da Guerra Civil. Alí fanse amigos dun neno que era tímido, León.
Pero o que lles desesperaba ás rapazas era que unha carta que lles enviaran aos seus pais non volvía cunha resposta.
A nai, tras fuxir de España, dorme unha noite a carón da carta das súas fillas, nunha oficina de correos, pero non se decata.
Finalmente, cando a guerra xa finalizara e as rapazas volveran a súa casa, a carta que enviaran cando estaban en Rusia chegou á súa casa, pero súa nai non a puidera ler porque estaba en Norteamérica, co seu segundo home.
Gustoume moito este libro pese a ser moi triste.
Darío Abuín Pose (2º ESO)
domingo, 25 de novembro de 2012
En que lugar situamos o galego?
Déixovos aquí esta presentación sobre a situación da nosa lingua e a súa presenza na internet comparándoa co resto das linguas do mundo e que nos ofrece algunhas razóns que nos axudan a ser optimistas a aqueles que acreditamos nas posibilidades e no futuro das linguas minoritarias.
mércores, 14 de novembro de 2012
Nace un campión de Ursula Heinze
Andi é un rapaz ao que non se lle daba ben ningún deporte. Tiñan a oportunidade de gañar unha viaxe a Tenerife, pero o problema que tiñan era que para ir de viaxe tiñan que gañar na piscina un campionato. O problema era que Andi non sabía nadar. O seu amigo Pablo, quíxolle axudar a conseguilo, pero Andi non quixo. Entón Elisa enteirouse de que Andi necesitaba aprender a nadar. Ela nos seus tempos mozos fora unha fenomenal nadadora, aínda agora o era pero xa non tanto porque xa ía vella. Ao día seguinte, dúas horas antes de empezar a escola, Elisa espertou a Andi e a Tomás e levounos á piscina para que lle ensinara a nadar. Andi tiña bastante medo, Tomás logo se meteu pero el tiña medo. Indo todos os días pola mañá foi aprendendo e ao final gañaron a viaxe. Andi e Pablo despois desta competición entraron na Asociación Galega de Natación, AGAN. Foilles moi ben, Andi bateu o mellor récord de braza. Despois Andi entrou no equipo nacional e foise para Barcelona. E finalmente invitárono a participar no Trofeo Oficial da Amizade que ía ser en Colonia, en Alemaña. Gañou o primeiro posto.
Gabriel Fariña Varela (2º ESO)
A rapaza que caeu nun pozo da mina de Corcoesto
Conta unha lenda, que hai moitos anos, unha rapaza ía coas ovellas polos montes de Corcoesto. E como o monte tiña pozos para o respiro das galerías da mina, ela despistouse e caeu nun, berraba moito, pero a xente non a oía. Como a botaron en falta foron buscala e sentiron os berros e non sabían como sacala de alí. Entón tiveron que ir a buscar unha persoa que traballara nela para podela salvar. Finalmente foron a saír ela e máis o home por unha galería 1 km máis abaixo, se ninguna ferida,pero moi asustados.
Andrea Soutullo (1º ESO)
A lenda de Santa Mariña
Contan os meus antepasados que unha vez un home lle preguntou a unha muller :
-Sei que non vas a Santa Mariña?
A muller naquel momento estaba apañando os nabos e díxolle:
-Non vou nada a Santa Mariña que ela non me apaña os nabos.
Cando o home marchou, a muller estaba acabando de apañar os nabos e de repente no último mando quedóuselle na man e a man non lle abría.
Sen esperar un segundo marchou cara a capela de Santa Mariña e alí axeonllouse diante da fachada da capela e dixo:
-Se fas abrir as mans prométoche vir sempre a Santa Mariña.
E así foi, a man abriuse e a muller nunca volveu a faltar a Santa Mariña
Adrián Cousillas Fuentes (1º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)