sábado, 15 de xuño de 2019

A que sabe o amor? Tania González Carabel, 2º ESO


A QUE SABE O AMOR?
O amor sabe a ti.
Porque o amor es ti
esa sensación de sentir,
como esas lágrimas amargas
saben a doce
o esvarar entre os nosos beizos.

É sentir que as almas
non son invisibles,
senón que as desfrutas
mentres se unen no teu paladar.

A que sabe o amor?
O amor sabe a fresas pola mañá,
e ole a rosas pola tarde.

O amor sabe a sorriso co que te levantas,
a impaciencia no noso corazón,
e finalmente, o sentir o noso corazón later.

E oír as palabras que nos fan suspirar,
para despois deixar o alivio e fervor,
o que nós, lle chamamos amor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario