Esta
novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos
que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e
emocións longo de dous meses. Coñecemos o seu malestar ó
se ter que afacer a unha cidade nova e ó comezo do curso
escolar nun instituto novo.
Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o
cantante de grupos como Derribos
Arias e A
banda
sen futuro,
ó que Carlota admiraba. Recorta a foto do xornal e suxéitaa con
chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante
convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das
súas preocupacións e tamén no seu interlocutor. O malestar de
Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo
que rapar o cabelo e ten que se enfrontar ós seus novos compañeiros
cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais por obrigala a asistir ás
clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas.
Nestes primeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos
recreos, e non se relaciona con ninguén.
Sente un furado na súa alma polo que entra en desacougo, medo ós
demais e terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un
dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a
partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algo especial aínda
que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai
fixar nela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise
integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para
solucionar un problema coa profesora de debuxo por mor
dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua
española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do
papel ocasiona que Carlota se mergulle en si mesma e mesmo consegue
achegarse máis a Miguel. Carlota séntese namorada aínda que
tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas
afeccións e que poden falar de temas como o do futuro.
Axiña descobre que a súa única amiga, Paulina, está a saír con
Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noticia
de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude,
decatándose de que o do seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa
mentres que co da avoa o tempo traballa en contra e debe aproveitar
os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Moncho declárase e
todo muda de súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos
e por fin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode
deixar medrar o cabelo.
A
min este libro gustoume porque e moi entretenido e ensina cousas da
vida que fai falta saber.
Ningún comentario:
Publicar un comentario