venres, 19 de outubro de 2018

Accidente no Marisquiño, Sarai Pose Fariña (4º ESO)

 
O Marisquiño é un dos maiores festivais de cultura urbana e deportes de acción no norte de España. Realízase no porto marítimo de Vigo, no mes de agosto durante tres días. Cada ano achéganse moitos curiosos a desfrutar do evento.

Este ano, o festival celebrouse na fin de semana do domingo día 12 e, desafortunadamente, este mesmo día, o solo de madeira partiu deixando caer aos espectadores ao mar, uns por riba doutros. A estes resultoulles moi difícil saír da auga debido á inclinación na que rompeu o piso. Isto provocou caos e pánico entre o público. 
 
A todo isto, un pregúntase a si mesmo, a rotura foi forzada ou debeuse a un erro á hora de construír a pasarela?

Uns días despois, chegan aos xornais que unha das probables causas pola cal se orixinou a rotura da madeira foi debido a un “fallo estrutural”.

Arredor dunhas 270 persoas estiveron feridas, 5 delas, en situación grave. De verdade precísase isto? 
 
No ano 1992 creouse un convenio de colaboración entre o Consistorio vigués, o Consorcio da Zona Franca e o Porto no cal se establece que “o concello comprométese durante os 50 anos de vixencia do convenio, ao mantemento de toda a actuación en perfecto estado de conservación, ben cos seus medios ou ben coa oportuna contratación de obras e servizos.”
De todos modos, non aseguran que sexa esa a realidade da historia, por iso aínda, semanas despois, seguen traballando en descubrir a verdadeira causa do accidente.

Na miña opinión, creo que deberían ser máis estritos á hora de aplicar estas normas e consultar o estado de calquera material, xa sexa do escenario coma no solo onde se atopa o público, para que este tipo de accidentes non ocorran. Imaxínese que isto chega a ser moito máis grave. Tan grave que ata poida provocarse a morte de calquera persoa presente nese concerto. Sería entón un “fallo estrutural”? Pénseo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario