venres, 26 de outubro de 2018
Dieta antirratos!!
Helena e Inés de 2º da ESO dramatizan neste vídeo o conto que Inés escribiu para lle recomendar ao gato unha dieta alternativa.
O rato mocoso
Neste vídeo creado por Antía Suárez de 2º da ESO podedes ver a Lara e Antía dramatizando a historia deste rato mocoso!!
Xonás e Pepe
Este conto de Noé Souto de 2º ESO foi dramatizado por Brais, por Nico e Jonathan e narrado coa voz en off do seu propio autor. Están feitos uns artistas estes rapaces!!
O rato Pepote
Este conto de Tania González Carabel de 2º ESO foi dramatizado por Antía, pola propia autora e coa voz en off de Cristian. Que boas rimas fai o rato Pepote!!
O diario vermello de Flanagan, Inés Eiroa (2º ESO)
Entre Flanagan e Carlota vai xurdindo unha relación que pasa do enamoramento á ruptura e que remata cunha boa amizade.
Opinión persoal:
Gustoume moito, e está bastante ben. Prefiro este libro ao "O diario vermello de Carlota", que conta a mesma historia pero dende o punto de vista de Carlota.
martes, 23 de outubro de 2018
desfacendo as mentiras das menciñas químicas e naturais, cristina pastoriza maroñas (3º eso)
Os remedios que utilizamos hoxe en día que son recomendados polos médicos serán bos ou terán algo escondido que non nos queren contar? Pois diso tratará este texto de mirar como de bos son os medicamentos e se son mellores os remedios naturais ou os químicos.
Todo o mundo cando lle doe algo o que fai é tomar unha aspirina pensando que o que están a facer é bo pero o que non saben é que repetir esa acción moito tempo seguido pode ser máis mala do que pensan.
En primeiro lugar a revolucionaria medicina química é a que máis consumimos e que se fai a través de investigacións e experimentos para tratar a doenza e producir un alivio case ao instante ou en moi pouco tempo. A medicina natural xa se leva utilizando desde toda a vida aínda que agora está a perder a popularidade faise con plantas, raíces... das cales se preparan as pastillas, locións e unha ampla variedade de produtos. A natureza ofrécenos gran cantidade de produtos que nós non sabemos aproveitar. Ambas son boas opcións para empregar en caso de doenza pero hai que saber os efectos de cada unha xa que aínda que a química che cure o problema rapidamente ten efectos secundarios que poden danar outros órganos do teu corpo en cambio as naturais aínda que tarden máis non teñen efectos secundarios.
Algúns médicos explican que a menciña natural ten excelentes remedios para curar enfermidades tales como a diabetes, a hipertensión e o colesterol alto.
E ata aquí o que eu podo comentarvos sobre estes tipos de curacións espero que o leades e recapacitedes sobre as cousas que estades a facer mal relacionadas co que eu escribín.
domingo, 21 de outubro de 2018
As Revoltas e o seu "Goberno por azar?", gañadores na fase nacional da Incubadora de sondaxes e experimentos
Tras
gañar a fase rexional do concurso Incubadora de sondaxes e
experimentos co traballo “Goberno por azar?”, puxémonos rumbo a
Asturias, co fin de presentar o noso proxecto durante a fase
nacional, que foi celebrada os días 27, 28 e 29 do pasado xuño.

A mañá seguinte dirixímonos a Santander, e despois dunha visita
rápida pola cidade, dirixímonos a onde sería a entrega de premios.
Vaia sorpresa tan boa levamos cando resultamos gañadores!
Plantas medicinais e menciñas químicas, Laura Torrado Pérez (3º ESO)
Os medicamentos son compostos
químicos que se utilizan para curar, deter ou previr enfermidades.
Tamén serven para aliviar síntomas ou para axudar a diagnosticar
algunha doenza. Os medicamentos poden aparecer como líquidos, gotas,
cremas, inhaladores, parches, pastillas ou inxeccións. Moitos
medicamentos son a única cura que pode ter unha enfermidade como por
exemplo o cancro, a diabetes ou os problemas de corazón, cos que só
se utilizan fármacos. Aínda así un uso incorrecto de calquera
medicina pode causar a morte.
Por outro lado as plantas
medicinais son un recurso natural que leva utilizando o ser humano
dende antes de que se inventara a escritura, é dicir, máis de 5500
anos. Estas plantas pódense utilizar como cremas, pomadas, elixir ou
infusión. Na actualidade estase a poñer de moda volver a tomar
estas menciñas as cales se toman sobre todo para os efectos
secundarios dos medicamentos receitados. Estas son relativamente
seguras sempre que se trate de produtos regulados ou que sexan
prescritos por profesionais. De todas maneiras algo que as
desfavorece dos medicamentos é o feito de non saber cales poden ser
os efectos secundarios das herbas. Un punto positivo é que teñen
un custo menor que os medicamentos.
En definitiva cada un ten os
seus puntos a favor e en contra e ninguén sabería dicir con certeza
que é máis recomendable tomar, o que si hai que ter claro é o
perigo do consumo de calquera dos produtos e non tomalo en caso de
que non sexa necesario ou que o médico non cho recomendara.
Medicina química ou natural?, Aroa Castro Nantón (2º ESO)
A
medicina natural é unha práctica terapéutica que pretende
conseguir o alivio ou a curación das enfermidades pero por medio dos
produtos que veñen directamente da natureza, esta era utilizada
antes de que aparecera a ciencia.
Esta
utiliza principalmente produtos vexetais ou tamén minerais. Na
actualidade, coñécense máis de 3000 plantas medicinais pero o
número de vexetais da natureza é moito maior.
As
medicinas químicas, tamén chamadas a química medicinal ou a química
farmacéutica, son medicamentos formados por compostos químicos, que
se utilizan para curar ou previr enfermidades e son fabricados en
laboratorios. Estes avances nos medicamentos fan posible que os
médicos curen a moitas persoas e salven moitas vidas.
A
min paréceme que calquera das dúas medicinas poden ofrecer
propostas para sanar unha persoa. Pero cando nos pasa algo a
calquera de nós pasamos dos remedios naturais e imos ao médico onde
nos dan medicina química. Moita xente di que fai isto porque a
curación con este tipo de medicinas é moito mais rápida.
sábado, 20 de outubro de 2018
Aire negro de Agustín Fernández Paz, recensión de Tania González Carabel (2º ESO)
Era
experto na súa profesión de periodista e un afeccionado á lectura,
comezou a súa terapia afundíndoa no mundo da literatura para
tranquilizala e así descubriu o seu pasado e os seus medos. Pouco a
pouco, Laura foi experimentando asombrosas mellorías, e decidiu
comezar a recordar a súa vida anterior, a vida na que o feito
atormentouna para sempre.
Ela
contou sobre unha relación sen futuro en Madrid e decidiu mudarse a
Galicia, a unha casa de turismo rural dirixida por Carlos, que era un
anterior profesor dela, no que na súa xuventude estaba namorada. Alí
descubriu de novo a felicidade que tiña por Carlos. Tamén
descubriu unha das lendas de Galicia máis máxicas, o da Gran Besta,
que trata sobre o mesmo demo que descansa nunha cova de montes de
San Simón. A curiosidade xogoulle unha mala pasada e a vista de
Laura á cova, viuse envolta nunha espiral de medo, angustia e terror
que rematou coa visión da propia besta e o seu ingreso no
psiquiátrico. O doutor, tentou verificar o testemuño de Laura
visitou a cova da suposta besta e tamén foi o Porto, onde residía
Carlos, despois de intentar fuxir do pasado. O doutor non sabía que
a súa visita a cova serviulle a besta para localizar a Laura e
levouna con el para sempre. Despois disto, Moldes descubriu que todo
aquel no que cría na ciencia e na psicoloxía, perderon totalmente
os seus fundamentos ante un suceso paranormal, que supuxo a súa
propia perdición, sobre a culpabilidade e na angustia para o resto
da súa vida.
Opinión
persoal:
O
personaxe que máis me gustou foi Laura Novo porque a súa vida,
tanto os comezos en Madrid como o regreso de Galicia interior, e ao
mesmo tempo, o terrible segredo que agachan as súas entrañas. Coa
desaparición de Laura, a novela rematou de xeito aberto e
frustrante, xa que acaba sendo vítima da maldición.
A noite de Samaín de Pepe Carreiro, recensión de Noé Souto Pose (2º ESO)

A
xente do castro de Baroña decidiu reconstruír o castro pero desta
vez con cousas novas que lles recomendaron os fenicios.
Gustoume
moito porque era unha historia divertida e transcorre nun lugar que
fun visitar hai uns meses.
Recomendo
esta banda deseñada porque é entretida e gústame moito os debuxos
de Pepe Carreiro.
venres, 19 de outubro de 2018
A medicina na actualidade: verde ou química?, Lucía Moreira Souto (3º ESO)
A
principal diferenza entre a medicina verde e a química é a súa
creación, sendo a verde derivada de plantas e produtos naturais e a
química a creada en laboratorio.
Por
unha parte, a medicina verde é mellor con respecto aos efectos
secundarios. Non carece deles en xeral, mais son moito máis leves e
menos significativos. En cambio, os medicamentos químicos teñen
moitos máis efectos secundarios, actúen ben ou non.
Por
outra banda, a medicina química ten unha gama máis ampla de
medicamentos para máis enfermidades debido a que se fan
especialmente con ese fin. En cambio, a medicina verde, ao valerse de
medicamentos xa existentes e que dependen estreitamente das plantas,
teñen un abano máis limitado de enfermidades que poden curar, como
por exemplo o cancro, por agora imposible de curar con remedios
naturais pero non con químicos.
Aínda
así, ambas están moi comercializas, pero de distintas maneiras. A
medicina verde, a pesar de estar menos desenvolta, comercializouse de
tal modo que moitos dos que a practican enganan e menten sobre os
seus coñecementos só polo beneficio económico, poñendo en perigo
a vida da xente que acode a eles. En cambio, a medicina química está
moito máis desenvolvida no amplo abano de enfermidades que nos
afectan, polo que as farmacéuticas recorren a trucos para aumentar
as súas ganancias, como a falsa diagnosticación de enfermidades,
especialmente mentais, ou chegando incluso a inventar algunhas
enfermidades.
Por
iso, á hora de decantarse por unha ou outra hai que ter clara a
opinión respecto a ambas e sobre todo ter en conta a posibilidade de
acceso a uns ou a outros.
Medicina tradicional vs alternativa, Elena Pose Núñez (3º ESO)
A práctica médica está abandonando o concepto segundo o cal a
saúde non é máis ca o tratamento e a prevención da enfermidade
para adoptar unhas novas perspectivas máis amplas que subliñan a
responsabilidade das persoas con respecto ao seu propio benestar.
Corpo san, mente san, aconséllase agora e sempre, dende os primeiros
tempos uns homes aconsellaron a maneira na que cada un pode lograr
unha vida máis sa e demostra que conseguir e manter unha boa forma
física axuda e pode ser divertido.
As persoas agora mesmo buscan a saída fácil, píldoras para todo,
cirurxía para mellorar a aparencia... todo e menciñas e máis
menciñas e sobre todo química, ás veces sen saber con seguridade o
que se toma.
Nestes últimos anos empezou a darse a coñecer outro tipo de
medicina, a que usaban os pobos anteriormente, case esquecida, pero
polo visto volve estar en auxe, xa que todo o que é natural parece
ser a mellor cousa.
Os nosos antepasados vían que a natureza era sabia e dicían que ela
dábanos todo o que necesitabamos, non o nego, pero de aí a curar
todas as enfermidades, non o creo. As enfermidades actuais non están
producidas pola natureza, senón por nós mesmos dentro de laboratorios
que liberan o mundo toda clase de causas. Para iso non creo que a
natureza teña a solución. Ben pode ser que outros tipos de medicina
axuden o noso corpo a levar os síntomas que provoquen estas
enfermidades.
Por todo isto, a medicina convencional tería que fixarse en métodos
naturais para aquelas cousas sinxelas nas que non fose necesario o
resto dos laboratorios e as outras menciñas terían que usarse sempre
que se puidese pero sen poñer en perigo a vida dos seus pacientes.
Pois todo tipo de medicina debería de ter como fin a cura das
enfermidades e o logro dunha sociedade sa e non o ser mellor ou peor
solución para unha determinada doenza.
Ámbalos dous tipos de medicina tiñan que traballar xuntas para acadar un mundo
máis san.
Accidente no Marisquiño, Sarai Pose Fariña (4º ESO)
O
Marisquiño é un dos maiores festivais de cultura urbana e deportes
de acción no norte de España. Realízase no porto marítimo de
Vigo, no mes de agosto durante tres días. Cada ano achéganse moitos
curiosos a desfrutar do evento.
Este
ano, o festival celebrouse na fin de semana do domingo día 12 e,
desafortunadamente, este mesmo día, o solo de madeira partiu
deixando caer aos espectadores ao mar, uns por riba doutros. A estes
resultoulles moi difícil saír da auga debido á inclinación na que
rompeu o piso. Isto provocou caos e pánico entre o público.
A
todo isto, un pregúntase a si mesmo, a rotura foi forzada ou debeuse
a un erro á hora de construír a pasarela?
Uns días
despois, chegan aos xornais que unha das probables causas pola cal se
orixinou a rotura da madeira foi debido a un “fallo estrutural”.
Arredor
dunhas 270 persoas estiveron feridas, 5 delas, en situación grave.
De verdade precísase isto?
No
ano 1992 creouse un convenio de colaboración entre o Consistorio
vigués, o Consorcio da Zona Franca e o Porto no cal se establece que
“o
concello comprométese durante os 50 anos de vixencia do convenio, ao
mantemento de toda a actuación en
perfecto estado de conservación,
ben cos seus medios ou ben coa oportuna contratación de obras e
servizos.”
De
todos modos, non aseguran que sexa esa a realidade da historia, por
iso aínda, semanas despois, seguen traballando en descubrir a
verdadeira causa do accidente.
Na
miña opinión, creo que deberían ser máis estritos á hora de
aplicar estas normas e consultar o estado de calquera material, xa
sexa do escenario coma no solo onde se atopa o público, para que
este tipo de accidentes non ocorran. Imaxínese que isto chega a ser
moito máis grave. Tan grave que ata poida provocarse a morte de
calquera persoa presente nese concerto. Sería entón un “fallo
estrutural”? Pénseo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)