domingo, 26 de marzo de 2017

Resistencia de Rosa Aneiros, Laura Souto Mouzo (4º A ESO)

Dinís é un rapaz de San Pedro de Moel, que traballa na fábrica de vidro. Un día, coñeceu a Filipa, unha rapaciña nova neta dunha señora do lugar, namóranse e fanse mozos. Pasan uns anos de mozos as escondidas, xa que o pai da rapaza, chamado Rui González, non o pode saber xa que lle prohibiría a Filipa estar con ese rapaz. So o saben a nai de Dinís e a avoa de Filipa. Comezaron os tempos de guerra e Dinís foi recrutado para ir a Mozambique, comunícanse mediante cartas que sempre van dirixidas a casa de dona Leonor. Aló, coñece a Miguel da Silva e fanse amigos. Ao cabo dun tempo regresa para Portugal, e de alí a pouco organizan unha revolta na fábrica de vidro e Dinís, xunto con outro compañeiro son encarcelados na cárcere de Peniche. Filipa un día decide ir visitar a Dinís ao cárcere, pero aínda non pode recibir e Filipa é fichada no rexistro civil. Para que Filipa non teña problemas o pai decide marchar para o Brasil. Despois de cinco anos no cárcere, Dinís sae en liberdade debido a Revolución dos cravos.


Comparación:
Comparada coa película Capitanes de Abril, tanto a película como o libro están ambientados na guerra de Portugal e na revolución dos cravos que ocurreu en abril.
Gustoume porque é un ambientado na dictadura e de como a tiveron que pasar as persoas que a viviron, ademais conta unha historia de amor que non é das como as que se contan sempre nos libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario