sexta-feira, 10 de março de 2017

Recensión de A cabeza da medusa, Paula Canto (4º A)


Sofía e Lupe son dúas amigas que cursan 2º de Bacharelato de Humanidades. Durante una das clases de Latín tratan o tema da medusa unha Muller da antiga Roma que foi violada por un deus, e a que castigaron convertendo a sua cabeleira en serpes e enfeitizaron para que nunca mais volvera mirar a un home.
Esta historia converteríase nunha realidade para as dúas mozas na noite do entroido.
O día do entroido era moi importante xa que se faría unha festa a que asistirían todos os alumnos, Sofía e Lupe estiveran preparando o disfraza dende varias semanas atrás, o tema era, os 60’. Pasadas as catro da mañá desa noite a festa acabarase e todo o mundo se dispuña a marchar para a casa, o problema das dúas rapazas foi que o taxista que as ía recoller non collía o teléfono. De súpeto dos mozos ofrecéronse a levalas para a casa, tras a insistencia de Lupe, Sofía accedeu e subiu ó coche.
Logo se decataron de que os rapaces non se dirixían a casa senón a unha carretará sen saída, ai foi onde foron violadas e abandonadas.
As rapazas intentando repoñerse chamaron a nai de Sofía para que as fora recoller. Recolleron as rapazas e tras saber o que acontecera levaron a Lupa a sua casa e dirixíronse con Sofía a comisaria para denunciar o ocorrido.
Os dias posteriores foron de visitas ao medico e a comisaria pero intentaban facer a vida o máis normal posible. O momento mais duro para elas sobre todo para Sofía era ver os malos comentario e algunhas miradas de desprezo que recibía por parte dos seus compañeiros.
Unhas semanas despois do sucedido unha noticia aparece na prensa, na noticia os agresores aseguraban que fora consentido. Todas as malas noticias e a presión por parte de seus pais, fixeron que Lupe retirara a denuncia. Sofía sentíase soa despois da acción da sua mellor amiga.
Aínda que a situación foi dura ao final as dúas continuaron coa denuncia, esperando que a persistencia e a xustiza, encarcerará aos culpables desa situación.

RELACIÓN COA REALIDADE
A historia que se relata neste libro está totalmente relacionada coa realidade, porque este tipo de sucesos ocorren continuamente. Practicamente cada día podemos escoitar nas noticias casos de mulleres, en especial adolescentes ou mulleres moi novas, sufren violacións.
Este libro, Cabeza de Medusa, relata unha desas tantas historias que escoitamos, pero dende o punto de vista da vítima.
Creo que este é un libro que che fai reflexionar, darte conta da realidade, e do duras e inxustas que poden ser algunas situacións.

Sem comentários:

Enviar um comentário