mércores, 1 de marzo de 2017

Manual para o pensador, Paula Lema (4º ESO B)



A palabra pensar provén do latín PENSARE e significa pensar ou calcular. A palabra provén do latín o que quere dicir, que xa na época de Roma pensaban e se ti aínda non o fas deberías empezar deseguido. Para iso dareiche estes consellos:
-Necesitarás para facer esta tarefa un cerebro e o demais virá asociado a el.
Para os pensadores principiantes
  1. Busca unha idea. Se non sabes como encontrala, busca calquera cousa do teu contorno.
  2. Faite preguntas sobre a túa idea.
Ex: Que é? Como chegou aquí? Que fai?...
  1. Intenta responder a esas preguntas . Se non sabes as respostas, invéntaas.
  2. Cuestiona o motivo polo que non sabes as respostas das preguntas ou polo que si as sabes.
Advertencia: ao principio pensar doe.
Para os pensadores con experiencia
Cuestiona todo o que vexas ou sintas e serás alguén con opinión e pensamento propio e, polo tanto, perigoso para a sociedade.
  1. Fíxate nun acto.
  2. Comenta como ti farías ti esa acción.
  3. Cuestiónate o porqué de que ti actuariases desa maneira.
  4. Pregúntate por que a persoa que o fixo de distinta forma a ti.
  5. Cuestiona de novo cal é a opción máis axeitada ou ética.
  6. Empezarás a notar que tes opinións propias se comparas as túas ideas coas dos demais.
Espero que este manual che servise de axuda para mellorar a túa capacidade de pensamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario