sábado, 4 de febreiro de 2017

Instrucións para durmir no autobús, Marcos Blanco Mouzo (4º ESO B)

Para durmir no autobús hai que seguir o seguinte proceso:

O primeiro é apoiar a cabeza no cristal cunha inclinación duns 30 graos, aínda que existen outras correntes que se basean no repouso da cabeza sobre o asento contiguo para o que se lle dá un pouco para atrás ao asento propio. Estas dúas correntes denomínanse ''vivrato'' e ''repousato'', debido ao movemento ou non da cabeza durante o sono.

O segundo paso é encontrar a posición correcta das pernas para isto non hai unha regra fixa pero o máis usual é a posición diagonal.

O terceiro paso é ameazar a todos os pasaxeiros que o que te esperte sufrirá as consecuencias.

Tras dúas ou tres bromas dos teus ''amigos'' procédese ao cuarto paso: péchanse os ollos e procédese a durmir, en caso de non conseguilo facilmente débese comezar a pensar ata que o teu cerebro non ten ganas de aguantarte e desconecta.

Agora só falta manter a compostura e non espertar no medio da noite, en caso de que ocorrese débese intentar repetir o proceso o máis rápido posible. E así podes chegar de Guitiriz a Bordeaux sen abrir os ollos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario