quarta-feira, 8 de fevereiro de 2017

Desexos de Paz, Ana Nantón Castro (3º ESO)

O día 30 de xaneiro é o Día da Paz, celébrase en todo o mundo. No colexio de Cabana organizamos actividades relacionadas con este día tan especial.

A min este día gústame moito, porque colaboramos todos e é preciso recordar que fai falta paz no mundo, porque guerra xa hai moita.

Gustaríame que non fosen só actividades feitas no colexio, que foran tamén iniciativas de institucións como concellos, deputacións, e incluso do goberno central, promovendo activamente a paz, non só facendo videos de cancións, xa que sen ir máis lonxe a guerra de Siria leva cinco anos, e a xente deste lugar precisa paz. Hai nenos que naceron durante a guerra e non saben o que é vivir sen bombas. A paz fai verdadeira falta.

Sem comentários:

Enviar um comentário