As nosas empresas e industrias son importantes fontes de enerxía, economía e emprego. Crean moitos postos de traballo e reducen o paro e outros problemas económicos.
Así, aquí en Galicia temos industrias como Ence, a celulosa en Pontevedra, proxectos como a mina de Corcoesto, etc.
Todas estas industrias foron favorables para a nosa economía. Pero esquecémonos dunha parte importante, a ecoloxía.

Industrias como Ence en Pontevedra son unha importante fonte de contaminación xa que destrúe a atmosfera e ademais destrúe ecosistemas porque degradou o marisco na ría de Pontevedra. Por iso, é hora de que nos paremos a pensar e reflexionemos sobre os efectos secundarios destas industrias.
ELOY MATO RIAL
3º A ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario