domingo, 29 de novembro de 2015

O mundo da muller maltratada

Todos os anos arredor de 80 mulleres morren a man dos seus homes. A maioría delas non chegan a denunciar o seu agresor, ben sexa por medo ou porque levan tanto sufrido que xa acaban crendo que unha situación así é normal.
Todos os días saen nos xornais ou na televisión noticias deste tipo. Pero... por que tratan de maquillar o que realmente é? Unha morte, de verdade pensades iso? Eu cualificaríao como asasinato, que é o verdadeiro nome para algo así. Cada vez que asasinan  unha muller, un fillo queda orfo, uns pais quedan sen filla. Todos nós temos que loitar por unha sociedade xusta, onde haxa igualdade. E tamén temos que loitar para que se eliminen todos os estereotipos que existen. A muller ten que estar na cociña, a muller ten que limpar, a muller ten que coidar do home e dos fillos... E… se non quere ter fillos? Polo simple feito de nacer muller ten que estar obrigada a telos? Recordade que é ela quen ten que levalos dentro nove meses e a que ten que dar a luz.
Outra das cousas moi  cuestionadas nunha muller  é a forma de vestir, xa que segundo demasiada xente unha das causas de violación é a forma de vestir. Porque claro unha muller levántase todos os días pensando en como vestirse para provocar unha violación! Se analizades ben isto darédesvos conta de que non ten ningún sentido. A caso unha muller non ten dereito a vestirse como ela queira? Un home pode elexir se levar a camiseta rosa, azul, do Barcelona ou do Madrid. Porque unha muller ten que ser xulgada por levar unha falda ou un pantalón corto?  Moitas veces intentan xustificar o violador dicindo que tiña poblemas mentais, que o fai por amor etc etc…. Pero iso non xustifica que teña dereito a manter relación sexuais con ela sen o seu consentimento.
Deixando o tema das violacións á parte, por que non admitir que en moitas casas as que mandan son as mulleres? E si, aínda que os homes queren facer crer que eles son os que toman as decisións en moitos dos casos non é así. Cousa que eu vexo normal xa que se son elas as que organizan a casa, os fillos e coidan de todo, porque non van decidir elas o que cren que é mellor? Aínda que isto sucede tamén sucede o contrario. Noutras moitas casas o que pasa é que a muller non ten opinión nin dereito a decidir. Nalgúns casos extremos os homes chegan a  decidir os cartos que lle van dar á muller por mes. Imaxinádevos ter que facer a compra con 100 euros. E se sobe de precio o arroz? Ou o leite?
Poderiamos seguir citando unha e outra das situación polas que pasan as mulleres maltratadas todos os días, pero o máis importante de todo é que nós somos o futuro. Todos nós temos que colaborar por unha sociedade sen machismo nin mortes, por eliminar os estereotipos e por facer o posible para que non se lle saque importancia a esta situación.

María Paz Varela (1º ESO)

Sem comentários:

Enviar um comentário