martes, 3 de decembro de 2013

O meniño Nito. Entón os homes choran ou non? de Sonia Rosa

Cando Nito naceu puxéronlle ese nome porque era moi bonito .Pero choraba por todo. Un día, o pai díxolle que xa era maior e tiña que parar de chorar por todo . Tamén lle dixo que os homes e os machos non choraban . Entón , Nito escoitou aquelas palabras caladiño. Ocorreuselle entón engullir todas as súas bágoas ata que enfermou. Os pais chamaron ao doutor Aymoré que coidaba de prantas e meniños. Cando chegou, díxolles aos pais que Nito tíña que ´´deschorar´´ todas as bágoas engulidas. Así o fixo e ficou curado. Entón o pai e Nito comprenderon que con razón os homes tamén choran. Este conto está moi ben porque demostra que non só as mulleres choran senón tamén os homes por moi fortes, valentes e robustos que sexan. Eloy Mato Rial (1º A)

1 comentario:

  1. Os homes tamén choramos, porque todos somos iguais... Eu vexo inútil que a xente diga que os homes non choran. Todos temos sentimentos e o dereito a mostralos. É un tópico machista.
    Nando Rey (2º B)

    ResponderEliminar