luns, 25 de novembro de 2013

Desde unha estrela distante de Agustín Fernández Paz

Daniela ten case nove anos e vai pasar uns días na casa da súa avoa, en Mondoñedo. A razón é que os seus pais teñen que preparar a mudanza á súa nova casa en Vigo e estarán moi liados co traslado dende Lugo para facerse cargo dela. Á nena este cambio énchelle de tristura, non quere deixar ás súas amigas, o seu colexio, o seu barrio. Na vila Daniela decide subir a explorar ao faiado, e ao abrir un vello baúl encontrarase cun rato que comeza a falar con ela. Este resulta ser en realidade un extraterrestre capaz de cambiar de forma. A rapaza, aínda co susto no corpo, baixa ao seu cuarto xunto ao ser e este explicaralle a que veu ao noso planeta para explorar, coñecer mellor os humanos e, tamén, a intentar descubrir o paradoiro doutros viaxeiros interplanetarios que lle precederon e dos que xamais volveron saber. A rapaza fará bo caldo co extraterrestre, ao que chamará Edu, e lle axuda na súa misión, aínda que ocultándoo ao resto da súa familia. Alimentarao, explicaralle algunhas cousas e axudaralle a que se introduza no local onde traballan a súa tía e o mozo desta, que está moi preto da casa da súa avoa. Alí, Edu terá acceso a varios ordenadores conectados a Internet, cos que poderá ampliar as súas investigacións. Pero pronto chega o día en que Daniela ten que irse coa súa nai a Vigo, e Edu decide acompañala. En Vigo, o extraterrestre descubrirá unha gran cidade sobre a que lle gusta voar camuflado como unha gaivota; ademais, seguirá consultando Internet e poderá visitar o estudo do pai de Daniela, un recoñecido debuxante de cómic. Cando Daniela comece o colexio, el asistirá ás clases para saber como aprenden os nenos humanos. Marabillarase das capacidade destes para «crear as súas conexións neuronais», aínda que tamén se horrorizará cando descubra que estes son moi crueis e como dous deles acosan a súa pobre amiga, algo ao que el poñerá remedio. Mentres, grazas a Facebook, Edu contacta con algúns dos exploradores que lle precederon, e estes rexeitan reunirse con el ou volver ao seu planeta, cada un por distintas razóns. Por fin, o día no que o viaxeiro debe volver ao seu planeta chegou. A tristura embarga os dous protagonistas ao ter que separarse. No último minuto, Edu envía unha mensaxe ao seu planeta: polo momento vai quedar na Terra para seguir aprendendo de nós e pasar máis tempo coa súa amiga.
Fernando Rey (2º B)


Gustoume moito o libro, sobre todo cando Daniela coñeceu a Edu. É un libro de aventuras recomendado para calquera Fernando Rey García

Ningún comentario:

Publicar un comentario