xoves, 21 de novembro de 2013

O Día de Samaín Paula González Castro (1º A)


Un día de Outubro unha rapaza e un rapaz ían de camiño cara a casa. Cando se despedían , Xiana escoitou un berro que precedía dos sumidoiros.
Pedro ti escoitaches ese berro- dixo Xiana.
Non, e logo, ti escoitaches algo?
Si, escoitei un berro que viña dos sumidoiros.
A ver, imos mirar.
De repente, cando quixeron abrir a tapa do sumidoiro para mirar se había alguén, esta movíase e Pedro dixo: Imos escondernos aí detrás.
Si, imos- dixo Xiana.
Agocháronse detrás duns matollos e viron como da tapa do sumidoiro saía un ser sen vida que se desprazaba rapidamente. Teña cara de demo, unhas mans con unllas de ferro, e ía vestido cunha camiseta e uns pantalóns ensangentados, das mans goteábanlle pingas de sangue e cando este ser desapareceu Xiana dixo:Veña Pedro, imos aí abaixo.
Non, vai ti, eu non vou, marcho para a casa
Non, ti ves comigo- dixo Xiana.
E Xiana arrastrou a Pedro para a tapa do sumidoiro.
Abrírona,... baixaron e comezaron a andar e, de repente, Pedro escoitou un ruído detrás del e cando pronunciou o nome de Xiana un ser coma o que viran antes saír de alí atrapouno, e a Xiana xa non lle deu tempo de ver a Pedro e pensou que xa marchara.
Media hora despois, cando xa levaba andado un anaco, escoitou uns pasos, como se a estiveran seguindo, xirouse e viu dez seres que a rodeaban e cando quixo botar a correr, estaba rodeada e atrapárona e matárona.
 

A noite dos vampiros por Álex Bellón Beizana (2º A)

Era a noite do cumpreanos de Sergio. Ata ese momento todo fora moi divertido, pero xa estaba a cambiar todo. Eu quedara só, pois os meus amigos foran ao bar de Pepe a buscar unhas pizzas para cear. De tan aburrido que estaba pensei que para distraerme ía contar as escaleiras que tiña a casa de Sergio. De pronto, nunha delas vin unhas manchas de sangue. Ai,meu Deus, que estaba pasando? Antonio, o do súper, dixera que polas noites os vampiros veñen chupar o sangue aos nenos. Os outros non viñan coas pizzas e eu estaba a pensar que algo lles pasara. A néboa non me deixaba ver máis que ata á esquina do garaxe do pai de Sergio. De pronto vexo vir unha persoa cunha pelame moi longa e un abrigo deses coma os que levan os vampiros. Miña nai,que medo!. Pouco a pouco viña cara min e eu tremía de mans e pernas pois para min iso era un vampiro que me viña chupar o sangue. Cando o meu corazón estaba a mil por hora pasou algo moi raro. De repente, o vampiro desapareceu e os meus amigos xa volveran. Eles non paraban de rir e dixéronme que tiña cara de cadáver, do branco que me puxen con tanto medo. Hoxe sei, ou penso, que me durmín e que todo foi un sono. Porén, teño unha rara sensación no pescozo e hai veces que desexo tomar sangue.

martes, 19 de novembro de 2013

A Cincenta que non quería comer perdices


Esta versión moderna da Cincenta fainos reflexionar sobre o papel das mulleres nos contos tradicionais infantís e cuestiona a imaxe de mulleres submisas e supeditadas aos desexos dos homes que deciden por elas e lles fan perder liberdade, os soños e as tomas de decisións sobre as súas propias vidas. Aquí tedes a oportunidade de desfrutar coas transgresoras vidas dunha Branca de Neve negra, una Cincenta que se rebela ao seu destino de cociñadora de perdices e á escravitude de ter que camiñar facendo equilibrio sobre incómodos e insans zapatos de tacón, unha Bela Adormecida que rexeita a inxesta de antidepresivos ou un Home de Folla de Lata que ensina a chorar a outros homes.
Todos eles son axudados pola fada basta que chega ás súas vidas para os aloumiñar e os axudar a seren felices e a decidir por si mesmas o camiño que van a tomar no futuro.
Desfrutade da lectura e reflexionade sobre o papel tradicionalmente asignado á muller nos contos tradicionais que nos leron desde cativas.

O fantasma do armario por Nuria Abelenda Rama (1º A)

Érase unha vez un neno chamado Gapito, o pobre estaba coxo dunha perna e tiña poucos amigos, un día os seus pais sentírono chorar e os pais preguntáronlle por que choraba el contestoulle que estaba triste e que non tiña amigos, e seu pai díxolle ¿Por qué non nos invitas unha fin de semana  á nosa casa? Entón Gapito díxo; direillo mañá cando os vexa na escola.
Ao día seguinte pola mañá, Gapito ergueuse alegre porque ía invitar os compañeiros á casa. Cando chegou á escola  díxolle aos tres únicos amigos e eles dixéronlle que si; cando xa chegara a fin de semana e chegaron os amigos. Xa era de noite . Cando foron para a cama sentían uns ruídos e batíanse as portas do armario de Gapito e tamén se sentía abanear a lámpada, e encenderse e apagarse as luces; de súpeto, sentiuse un berro; xa estaban todos tremendo cando se abriu a porta e veu unha sombra.
Eles estaban todos agarrados, a punto de cagarse cando sucedeu: encéndese unha luz. Era a avoa de Gapito cos pelos de punta e con dentes podres no vaso pensando que era o baño; eles, co susto que levaron, non foron capaces de durmir. Pouco a pouco foi amencendo e cando Gapito durmía os seus amigos marcharon pola ventá gritando con medo e nerviosos. Cando todos os veciños saíron disfrazados de “CAVERNÍCOLAS” rodeárono e perseguírono ata a casa e mataron o seu querido can. Foi enterrado no cemiterio da aldea coñecido como a “TUMBA DAS ARAÑAS”. Gapito deuse de conta  e saíu a acudir, dixéronlle que o querido can estaba enterrado na "TUMBA DAS ARAÑAS”. Entón, o fantasma do armario empezou a berrar porque o metía a el na "TUMBA DAS ARAÑAS”.

Gapito colleu tanto medo que nunca máis invitou os seus amigos á casa, e nunca xamais apareceu o can dos seus amigos; e así acabou a historia.

Nuria Abelenda Rama (1º A)

Resalgario de Antonio Reigosa

Resalgario  é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Un día Resalgario facendo trasnadas, foxe do inferno e métese no carro do pai o día no que o Demo Maior  vai dar un paseo polo mundo. O Demo Maior ao descubrilo castígao a facer a peregrinación a Compostela a visitar o San Croques. Resalgario, disfrazado de humano vaise  encontrando con diferentes atrancos polo seu camiño.
Resalgario despois de darlle os croques a San Croques, decide non marchar e quedar coa súa namorada.

Ana Lema Rivera (2º A)


A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre



Hai unha festa de antroido á que acoden todos os rapaces da escola. Ao acabar, Lupe e Sofía deciden ir no coche duns rapaces da festa en lugar de esperar por un taxi. Pero os rapaces non eran do instituto, senón dous anos máis grandes ca elas, e por riba ían algo bébedos. En vez de levalas á casa como prometeran, van a un camiño afastado, viólanas e despois marchan deixándoas alí. As dúas rapazas teñen que camiñar ata un letreiro e despois chamar á casa para que as veñan recoller. Denuncian o caso, aínda que os pais de Guadalupe non están de acordo. Están moi traumatizadas e na escola son fonte de toda conversa. A maioría da xente apóiaas, pero un rapaz chamado Mauricio fai todo o posible por arruinarlles as vidas. Convencida polos seus pais, Lupe retira a denuncia, e aproveitando o momento, o pai do agresor de Sofía ofrécelle un suborno, que ela non acepta. Despois diso, a súa compañeira dáse de conta de que obrou mal, e volve presentar a denuncia. Ao final seguen loitando non só por elas, senón tamén polas mulleres que veñen atrás.
Mariña Lema Blanco (3º A)


A sombra do camiño vello por Laura García Eiroa (1º A)



Conta unha lenda, que no ano 1819, ocorreu unha das cousas máis estrañas nunha nunha noite de Samaín.  Antón, era un rapaz de doce anos moi tímido que vivía nunha pequena aldea galega. Polo día, no colexio mandáranlle facer un traballo cun compañeiro e tería que ir á súa casa pola noite. A única maneira posible para chegar á súa casa, era cruzando un camiño sombrío e abandonado polo medio dun monte, pois vivía nun lugar bastante apartado. Ese camiño era coñecido como o “camiño vello”.                               
De día, o camiño era bastante acolledor, daba gusto pasear por el, sobre todo en días soleados, xa que as árbores facían sombra. En cambio, cando o sol se poñía, aquel lugar comezaba a cambiar completamente, e pasaba de ser agradable a ser todo o contrario.                                                                                                                                                                          Chegou a hora de que Antón fora á casa do seu amigo. Aos seus pais xurdíralle  un imprevisto, tiñan que ir a un velorio dun familiar que xusto morrera ese día de Samaín. Os pais dixéronlle a Antón que non o poderían compañar á casa do rapaz e tería que ir só. 
                                                                                                                                                                   A el tremíanlle as pernas só de pensalo, pero fíxose o valente diante dos seus pais.  

Chegou o momento. Saíu pola porta xa con medo e deuse de conta dunha cousa: ‘se penso no medo cada vez vou ter máis, irei pensando en ideas para o traballo’. Adentrouse no monte, comezou a camiñar polo camiño. Estaba todo escuro, el levaba un candil na man, que tremía dunha maneira esaxerada. O vento movía as árbores facendo sombras que cada vez metían máis medo a Antón, pero a el o que máis lle preocupaba era esa sensación que tiña de que o seguía alguén. Non se atrevía a mirar para atrás. Caíanlle as pingas de suor pola testa, o corazón íalle a mil por hora, sentía os latexos tan cerca que apenas podía escoitar os sons dos arredores. De repente, sentíu partirse unha póla dunha árbore detrás del. Deu un brinco grandísimo e o candil caeu no chan e apagouse. Xa non podían ir as cousas peor. Nese intre, pasaron unha bandada de morcegos polo medio das árbores e Antón, sen saber que facer, comezou a chorar e sen pensalo mirou cara atrás.                                                                                                          

Imaxinábase outra cousa, pero só viu unha sombra que desapareceu ao momento en que el mirou. Comezou a acelerar o paso, seguía sen ver demasiado, xa que non tiña o candil, e ademais levaba os ollos cheos de bágoas. Nese intre, viu a casa do seu amigo ao lonxe, sentiu unha alegría que lle percorreu todo o corpo, pero fóiselle ao instante. Viu a sombra ao seu lado e a pesar de que desta vez se vía bastante clara, xa que había lúa chea, era imposible saber de que se trataba, pero a súa sospeita era de que podía ser unha persoa. Comezou a correr todo o que puido coa intención de chegar o máis rápido posible á casa do amigo. Por fin chegou ese momento. Sen darse conta xa chegara, e a sombra, tamén. Petou na porta tan forte que a man lle quedou danada. Agardou impaciente a que lle viñese abrir. Nunca uns segundos se lle fixeran tan eternos. Escoitáronse uns pasos que se dirixían á porta, era o seu amigo que lle viña abrir. Cando por fin o fixo, el contaba con Antón ao outro lado da porta, pero a súa sorpresa foi que non había ninguén, só lle pareceu ver unha sombra que se afastaba. Desde ese día, o camiño vello quedou maldito, nunca se soubo nada máis de Antón nin da sombra.