xoves, 23 de maio de 2019

O club da calceta de María Reimóndez, recensión de Cristina Souto (4º ESO A)

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha teñen os seus problemas, únense a un club de calceta onde se acaban facendo grandes amigas e acaban encontrando solución aos seus problemas, terminando por fundar empresas propias co apoio das demais.

Pero un día os homes que lle causaban problemas morren e pensan que elas as asesinaron. Matilde, que sempre tivo problemas debido máis grande do normal, monta a súa tenda de las, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia que foi asasinada.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo Damián, queda sen casa e vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación femenina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, que ten un mozo que a engana coa súa xefa, fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que as axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle pegan porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca acábase independizando e namórase de Laura, que era unha asistenta social que axudou a Luz.

Elvira faise monxa e queda embarazada do párroco e despois ten que abortar, ao final acaba roubando a virxe da igrexa e escapando.

A Fernanda, fáltalle unha perna pero sempre tivo o apoio de seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobuses.

No libro morren o pai Serafín, Xosé Barroso, (o entrevistador de ofertas de traballo), o condutor de autobuses (que paraba o autobús lonxe da parada para que así tiveran que andar máis).

Paréceme un libro moi bo xa que me gustan moito as historias de cada unha das personaxes, e como acaba cada unha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario