Este
libro relata unha historia na que o mundo vese destruído por
extraterrestres. A este ataque só sobreviven dous rapaces Alba, unha
adolescente, e Dídac, un neno de cor. Aos rapaces ocórrenlles
moitas aventuras: Dídac grazas a uns libros aprende mecánica e Alba
estuda medicina, atopan un extraterrestre ao que matan e lle
quitan a arma, atopan superviventes, pero téñenos que matar debido a
que por culpa do ataque algúns perderan o xuízo. Isto fai que Alba
queira facer un mundo novo no que non haxa guerras, prexuízos ou
racismos. Aséntanse ao carón dunha praia onde Alba queda embarazada
de Dídac que tivo que aprender medicina para asistila no parto. Ao
pasar un tempo Dídac saíu por provisións e ao tardar foi na súa procura e encontrouno morto por un derrubamento do edificio. Alba
enterrouno e decatouse de que tería que esperar 12 anos ata poder
ter máis fillos que seu propio fillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario