domingo, 29 de novembro de 2015

O mundo da muller maltratada

Todos os anos arredor de 80 mulleres morren a man dos seus homes. A maioría delas non chegan a denunciar o seu agresor, ben sexa por medo ou porque levan tanto sufrido que xa acaban crendo que unha situación así é normal.
Todos os días saen nos xornais ou na televisión noticias deste tipo. Pero... por que tratan de maquillar o que realmente é? Unha morte, de verdade pensades iso? Eu cualificaríao como asasinato, que é o verdadeiro nome para algo así. Cada vez que asasinan  unha muller, un fillo queda orfo, uns pais quedan sen filla. Todos nós temos que loitar por unha sociedade xusta, onde haxa igualdade. E tamén temos que loitar para que se eliminen todos os estereotipos que existen. A muller ten que estar na cociña, a muller ten que limpar, a muller ten que coidar do home e dos fillos... E… se non quere ter fillos? Polo simple feito de nacer muller ten que estar obrigada a telos? Recordade que é ela quen ten que levalos dentro nove meses e a que ten que dar a luz.
Outra das cousas moi  cuestionadas nunha muller  é a forma de vestir, xa que segundo demasiada xente unha das causas de violación é a forma de vestir. Porque claro unha muller levántase todos os días pensando en como vestirse para provocar unha violación! Se analizades ben isto darédesvos conta de que non ten ningún sentido. A caso unha muller non ten dereito a vestirse como ela queira? Un home pode elexir se levar a camiseta rosa, azul, do Barcelona ou do Madrid. Porque unha muller ten que ser xulgada por levar unha falda ou un pantalón corto?  Moitas veces intentan xustificar o violador dicindo que tiña poblemas mentais, que o fai por amor etc etc…. Pero iso non xustifica que teña dereito a manter relación sexuais con ela sen o seu consentimento.
Deixando o tema das violacións á parte, por que non admitir que en moitas casas as que mandan son as mulleres? E si, aínda que os homes queren facer crer que eles son os que toman as decisións en moitos dos casos non é así. Cousa que eu vexo normal xa que se son elas as que organizan a casa, os fillos e coidan de todo, porque non van decidir elas o que cren que é mellor? Aínda que isto sucede tamén sucede o contrario. Noutras moitas casas o que pasa é que a muller non ten opinión nin dereito a decidir. Nalgúns casos extremos os homes chegan a  decidir os cartos que lle van dar á muller por mes. Imaxinádevos ter que facer a compra con 100 euros. E se sobe de precio o arroz? Ou o leite?
Poderiamos seguir citando unha e outra das situación polas que pasan as mulleres maltratadas todos os días, pero o máis importante de todo é que nós somos o futuro. Todos nós temos que colaborar por unha sociedade sen machismo nin mortes, por eliminar os estereotipos e por facer o posible para que non se lle saque importancia a esta situación.

María Paz Varela (1º ESO)

mércores, 28 de outubro de 2015

As vangardas artísticas e a súa influencia en Galiza


Velaquí vos deixo ao alumnado de 4º ESO a presentación coa que traballamos nas aulas para coñecer o contexto histórico das Vangardas europeas e a súa influencia e representación na Galiza do comezo do século XX.







Podedes acceder tamén desde esta ligazón á versión dixital do poemario de Manuel Antonio De catro a catro, no que poderedes atopar os poemas comentados e que vos servirán de base para realizardes os vosos propios comentarios para entregar, como data límite, o xoves, 12 de novembro.
 

martes, 8 de abril de 2014




CADÁVER EXQUISITO 1º ESO B – NARRACIÓN 2

“UN DOMINGO DE FEIRA”
A mestra de galego foi á feira a Baio, e alí encontrouse con con Carme da Chencha, que estaba vendendo rabizas, e empezaron a falar sobre o que ían comprar e sobre o fillo de Carme, que ía moi mal na escola.
Entón Carme da Chencha díxolle á mestra:
-          Que, como está a perna?
E a mestra dixo:
-          Nada, por aquí comprando…
E a Chencha dixo:
-          Arredemo! ha, ha, haaa…
A mestra estaba a piques de se enfadar con Carme, pero viu ao lonxe a Petra de Salvador e a Sunción de Pichas, que lle dixeron:
-          Oes…ti, mestra de galego!
-          Oio! –Dixo a mestra.
-          Que fas ti aquí na feira en Baio se es de Carballo cidade?
-          Ai, si, pero veño comprar uns zapatos novos.
De repente, a mestra de galego viu caer a Carme da Chencha, e chegou Supermán. A mestra de galego, cunha vara na man, comezou a pegarlle a Supermán, berrando con Carme, mentres compraba unha empanada de bacallau e touciño e uns pantalóns.
Como Supermán esquecera a carteira na casa, pediulles a Carme da Chencha e á mestra que lle mercaran cada unha uns calzóns, para poñer por debaixo e por riba do pantalón.
E entón Carme da Chencha decidiuse por comprar unhas zapatillas, a mestra por un vestido para ir á Festa da Xuventude e Supermán por unha capa rosa fosforita. E marchou para o planeta Mán.

Crearon este cadáver: Adrián, Samuel, Claudia, Laura, Brais, María, Ainara, Rocío, Iria, Rubén e Nahir.


CADÁVER EXQUISITO 1º ESO B – NARRACIÓN 1
“UN ESPAZO Á PARTE”
Dirixíame a Marte, era máis ou menos o ano 2.500. As miñas mascotas, Rudi e a pulga que nel habitaba, e mais eu aguantaríamos todos os perigos que nos puideran suceder na miña nave XS052.
A pulga era a máis pequena da nave. Era pequerrechiña pero a pesar diso, unha vez deuse esta situación: A pulga mordeu o can e chupoulle todo o sangue cando, de repente, chegou o Parga na nave espacial, aterrou, empezou a bailar salsa e pediulle un baile á pulga.
Pouco despois, un marciano durmía mentres a pulga e o can pelexaban. Como a nave xa estaba no espazo e a porta estaba aberta, a pulga caeu, e como ía a tanta velocidade, desenvolveu superpoderes.
Entón o marciano comezou a berrar con todos porque o estiveran enganando todo o tempo dicíndolle que ían a Neptuno, cando en realidade ían cara a Marte.
E nisto, dille o can á pulga:
-          Ei, pulga, creo que o motor está roto, a nave non arranca.
-          Vale, mirarei o motor, pero dille ao marciano aquel que está alí fóra no espazo que non me mire así, que me pon nervioso.
Entón, o can díxolle ao marciano:
-          A pulga esta moitos goles marca.
E dixo a pulga:
-          Xe, boludo…sen insultar eh…
E cando completaron a súa viaxe a Marte, o marciano e a pulga fixéronse famosos.

Crearon este cadáver: Tania, Itziar, Uxía Pérez, Dani, Manuel Romero, Manuel Suárez, Uxía Santos, Nerea, Sandro e Fabiola.


“A ALEGRÍA”
O meu amigo da alma,
que che rouben sorrisos,
Sorriso con risa,
Alegre, Alegría!

A alegría xoga connosco,
aparece e desaparece.

A alegría son as cores e as flores.
Alegría é un sorriso, unha festa.
Alegría é unha gargallada, unha parranda.

A alegría é un tesouro que nunca se poderá gastar.

Cando miro as estrelas,
vexo a alegría nelas,
porque o que me dá alegría
é amala a Ela.

Toma vitaminas de Alegría:
de Alegría A, Alegría B
de Alegría C
Toma todos os días Alegría
e terás alegría para toda a vida.

Crearon este cadáver: Adrián, Samuel, Claudia, Laura, Brais, María, Ainara, Rocío, Iria, Rubén e Nahir.
CADÁVER EXQUISITO 1º ESO B – POEMA 1
“A AMIZADE”
Amiga es toda miña,
un amor diferente, un amor compartido
que sempre permanece.

O amor entre amigos é algo da vida,
alguén en quen confiar.
Como se xogaramos que estamos nunha nave espacial
o amigo, o amigo é moi especial.

A amizade é Ela,
porque é única e faite única a ti tamén.
O primeiro día fíxome rir,
e dende entón non parei de sorrir.

O amor é impredecible.

Amizade, amizade…
nunca nos deixes!

Crearon este cadáver: Tania, Itziar, Uxía Pérez, Dani, Manuel Romero, Manuel Suárez, Uxía Santos, Nerea, Sandro e Fabiola.

mércores, 19 de marzo de 2014

Ámote Leo A de Rosa Aneiros

Leo emprende unha viaxe polo mundo, planificada para catro persoas, ela soa.
Argumento: Leo visitará numerosos lugares ao longo da súa viaxe: Lisboa, Barcelona, Sevilla, Granada, Marrakesh, O Cairo, Istambul ... Pero non todo será da cor de rosa. Coñecerá a un grupo de amigos, Ruth e cía, cos que vivirá momentos inesquecibles, felices, noites de fame, rifas e risas. Pero chega un momento no que decide abandonalos e seguir ela soa. Tamén desconfía de Edmundo, un dos seus compoñentes, que se verá envolto nun lío. Coñecerá a Iria en Istambul. E ao largo de toda a viaxe non perderá o contacto coa casa. Sempre que viaxa a algures ve a mesma frase: “Ámote Leo A.”, pero non sabe quen a escribe.
Mariña Lema Blanco (3º A)