Velaquí vos deixo ao alumnado de 4º ESO a presentación coa que traballamos nas aulas para coñecer o contexto histórico das Vangardas europeas e a súa influencia e representación na Galiza do comezo do século XX.
Podedes acceder tamén desde esta ligazón á versión dixital do poemario de Manuel Antonio De catro a catro, no que poderedes atopar os poemas comentados e que vos servirán de base para realizardes os vosos propios comentarios para entregar, como data límite, o xoves, 12 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario