CADÁVER
EXQUISITO 1º ESO B – NARRACIÓN 2
“UN
DOMINGO DE FEIRA”
A mestra de galego foi á feira a
Baio, e alí encontrouse con con Carme da Chencha, que estaba vendendo rabizas,
e empezaron a falar sobre o que ían comprar e sobre o fillo de Carme, que ía
moi mal na escola.
Entón Carme da Chencha díxolle á
mestra:
-
Que, como
está a perna?
E a mestra dixo:
-
Nada, por
aquí comprando…
E a Chencha dixo:
-
Arredemo! ha,
ha, haaa…
A mestra estaba a piques de se
enfadar con Carme, pero viu ao lonxe a Petra de Salvador e a Sunción de Pichas,
que lle dixeron:
-
Oes…ti,
mestra de galego!
-
Oio! –Dixo a mestra.
-
Que fas ti
aquí na feira en Baio se es de Carballo cidade?
-
Ai, si, pero
veño comprar uns zapatos novos.
De repente, a mestra de galego viu
caer a Carme da Chencha, e chegou Supermán. A mestra de galego, cunha vara na
man, comezou a pegarlle a Supermán, berrando con Carme, mentres compraba unha
empanada de bacallau e touciño e uns pantalóns.
Como Supermán esquecera a carteira
na casa, pediulles a Carme da Chencha e á mestra que lle mercaran cada unha uns
calzóns, para poñer por debaixo e por riba do pantalón.
E entón Carme da Chencha decidiuse
por comprar unhas zapatillas, a mestra por un vestido para ir á Festa da
Xuventude e Supermán por unha capa rosa fosforita. E marchou para o planeta
Mán.
Crearon este cadáver: Adrián,
Samuel, Claudia, Laura, Brais, María, Ainara, Rocío, Iria, Rubén e Nahir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario