CADÁVER
EXQUISITO 1º ESO B – NARRACIÓN 1
“UN
ESPAZO Á PARTE”
Dirixíame a Marte, era máis ou
menos o ano 2.500. As miñas mascotas, Rudi e a pulga que nel habitaba, e mais
eu aguantaríamos todos os perigos que nos puideran suceder na miña nave XS052.
A pulga era a máis pequena da nave.
Era pequerrechiña pero a pesar diso, unha vez deuse esta situación: A pulga
mordeu o can e chupoulle todo o sangue cando, de repente, chegou o Parga na
nave espacial, aterrou, empezou a bailar salsa e pediulle un baile á pulga.
Pouco despois, un marciano durmía
mentres a pulga e o can pelexaban. Como a nave xa estaba no espazo e a porta
estaba aberta, a pulga caeu, e como ía a tanta velocidade, desenvolveu
superpoderes.
Entón o marciano comezou a berrar
con todos porque o estiveran enganando todo o tempo dicíndolle que ían a
Neptuno, cando en realidade ían cara a Marte.
E nisto, dille o can á pulga:
-
Ei, pulga,
creo que o motor está roto, a nave non arranca.
-
Vale, mirarei
o motor, pero dille ao marciano aquel que está alí fóra no espazo que non me
mire así, que me pon nervioso.
Entón, o can díxolle ao marciano:
-
A pulga esta
moitos goles marca.
E dixo a pulga:
-
Xe,
boludo…sen insultar eh…
E cando completaron a súa viaxe a
Marte, o marciano e a pulga fixéronse famosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario