O Día 25 de novembro para conmemorar o Día internacional para a eliminaciòn da violencia contra as mulleres, o EDLG, xunto co Departamento de Lingua Galega, organizou por proposta de tres alumnas de 4º da ESO, Lara Amado de Miguel, Alicia Caamaño Rodríguez e Jéssica Pose Rodríguez, a lectura de contos infantís para o alumnado de 4 e 5 anos de Educación Infantil do noso colexio. Os contos elixidos, cuxos títulos eran O pais dos mandóns e mais O segredo de Flora trataban o tema da igualdade entre homes e mulleres. A experiencia resultou xenial e os máis cativos quedaron encantados coas nosas estupendas lectoras. Podedes ver máis fotos da xornada e ler máis información sobre os contos no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole.
martes, 26 de novembro de 2013
Lectura de contos infantís para traballar a igualdade entre homes e mulleres nas aulas de Infantil
O Día 25 de novembro para conmemorar o Día internacional para a eliminaciòn da violencia contra as mulleres, o EDLG, xunto co Departamento de Lingua Galega, organizou por proposta de tres alumnas de 4º da ESO, Lara Amado de Miguel, Alicia Caamaño Rodríguez e Jéssica Pose Rodríguez, a lectura de contos infantís para o alumnado de 4 e 5 anos de Educación Infantil do noso colexio. Os contos elixidos, cuxos títulos eran O pais dos mandóns e mais O segredo de Flora trataban o tema da igualdade entre homes e mulleres. A experiencia resultou xenial e os máis cativos quedaron encantados coas nosas estupendas lectoras. Podedes ver máis fotos da xornada e ler máis información sobre os contos no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole.
Eu o que quero é xamón!!!
Déixovos aquí o video que estivemos vendo hoxe na clase de 3º ESO para lembrar aqueles divertidos vídeos musicais do Xabarín club, programa xuvenil co que medrou toda unha xeración da mocidade galega. Desta volta escollemos a contribución de Miguel Costas e Aerolineas Federales con esta oda ao xamón
Para resolver as dúbidas cos verbos, conxúgaos no Conxugador Cilenis
Se tes dúbidas cos verbos irregulares, ou con aqueles que presentan alternancia vocálica e que máis traballo che dan, podes axudarte deste ferramenta para repasar a conxugación e para non cometer grallas nas túas redaccións ou recensións de libros.
Este valiosísima ferramenta informática tamén ten unha versión para os verbos en castelán e mais en portugués.
Ademais a empresa que o confeccionou acaba de presentar un corrector intelixente que permite mellorar a aprendizaxe, o ensino de linguas, e tamén mellorar a xestión de linguas, proxecto que vén de ser recoñecido a pasada semana en Lisboa no marco do Building Global Innovators, unha iniciativa do Massachusetts Institute of Technology (MIT como podedes ler nesta noticia publicada no xornal dixital en galego Praza Pública
luns, 25 de novembro de 2013
Goodbye rivers, goodbye springs, unha fermosa homenaxe para a nosa grande Rosalía
Este fermoso video co recitado bilingüe inglés-galego do famosísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes" da nosa poeta máis internacional, chéganos con acento irlandés. No colexio de primaria St. Mary's School de Mullaghbawn en Irlanda do Norte idearon esta marabillosa e sentida homenaxe a Rosalía, no 150 aniversario da composición deste poema que fala da emigración e que representa tan ben a tristura daqueles que deixan atrás persoas, bens e a terra querida, sentimentos experimentados por milleiros de galegos e irlandeses ao longo de centos de anos. Emocionádevos ouvindo os versos de Rosalía nas voces infantís destes cativos irlandeses, gozade con esta estupenda homenaxe á nosa grande poeta.
Desde unha estrela distante de Agustín Fernández Paz
Daniela ten
case nove anos e vai pasar uns días na casa da súa avoa, en Mondoñedo. A
razón é que os seus pais teñen que preparar a mudanza á súa nova casa
en Vigo e estarán moi liados co traslado dende Lugo para
facerse cargo dela. Á nena este cambio énchelle de tristura, non quere deixar
ás súas amigas, o seu colexio, o seu barrio. Na vila Daniela decide
subir a explorar ao faiado, e ao abrir un vello baúl encontrarase cun rato que
comeza a falar con ela. Este resulta ser en realidade un extraterrestre capaz
de cambiar de forma. A rapaza, aínda co susto no corpo, baixa ao seu cuarto
xunto ao ser e este explicaralle a que veu ao noso planeta para explorar,
coñecer mellor os humanos e, tamén, a intentar descubrir o paradoiro doutros
viaxeiros interplanetarios que lle precederon e dos que xamais volveron saber.
A rapaza fará bo caldo co extraterrestre, ao que chamará Edu, e lle axuda
na súa misión, aínda que ocultándoo ao resto da súa familia. Alimentarao,
explicaralle algunhas cousas e axudaralle a que se introduza no local onde
traballan a súa tía e o mozo desta, que está moi preto da casa da súa avoa.
Alí, Edu terá acceso a varios ordenadores conectados a Internet, cos
que poderá ampliar as súas investigacións. Pero pronto chega o día en
que Daniela ten que irse coa súa nai a Vigo,
e Edu decide acompañala. En Vigo, o extraterrestre descubrirá
unha gran cidade sobre a que lle gusta voar camuflado como unha gaivota;
ademais, seguirá consultando Internet e poderá visitar o estudo do pai
de Daniela, un recoñecido debuxante de cómic.
Cando Daniela comece o colexio, el asistirá ás clases para saber como
aprenden os nenos humanos. Marabillarase das capacidade destes para «crear as
súas conexións neuronais», aínda que tamén se horrorizará cando descubra que
estes son moi crueis e como dous deles acosan a súa pobre amiga, algo ao que el
poñerá remedio. Mentres, grazas a Facebook, Edu contacta con
algúns dos exploradores que lle precederon, e estes rexeitan reunirse con el ou
volver ao seu planeta, cada un por distintas razóns. Por fin, o día no que o
viaxeiro debe volver ao seu planeta chegou. A tristura embarga os dous
protagonistas ao ter que separarse. No último minuto, Edu envía unha
mensaxe ao seu planeta: polo momento vai quedar na Terra para seguir aprendendo
de nós e pasar máis tempo coa súa amiga.
Fernando Rey (2º B)
Fernando Rey (2º B)
sábado, 23 de novembro de 2013
O príncipe da brétema de Carlos Ruíz Zafón
O pai de Max comunícalle a toda a familia que se van mudar. Cando xa estaban de mudanza, Irina ve un gato negro na estación do tren e seu pai déixalle levalo pra súa nova casa. Na estación Max observa algo moi estraño: as agullas do reloxo van en sentido contrario. Cando chegan á nova casa, ven que está moi preto da praia, e o pai de Max cóntalle a familia a historia da casa, e con ela que o fillo dos anteriores donos morrera afogado. Ao día seguinte, Max ve dende a súa habitación un xadín de estatuas e decide ir visitalo. Ao chegar alí, ve que o xardín está abandonado e volve para a casa. Max, vai dar un paseo coa bici, e por casualidade, coñece a Roland, e este, invítao a ir mergullarse con el. O día seguinte, Alicia, Max e Roland vanse mergullar e ven o buque. Max ve un símbolo grabado no buque que lle resulta coñecido, porque o vira no xardín de estatuas. Logo, Roland cóntalles a historia do Orpheus, que así se chamaba o buque. Max dille a Roland que hai algo na historia que non cadra. Ao chegaren á casa dos Carver, entéranse de que Irina caeu polas escaleiras. O día seguinte, os tres rapaces van falar co avó de Roland. Víctor Kray, o vello fareiro cóntalles a historia de Eva Gray e Richard Fleischmann, do seu filo Xacob, e do Dr. Caín, o Príncipe da Brétema. Richard Fleischmann pedíralle o Dr. Caín o amor de Eva Gray, e este concedérallo, a cambio do seu primeiro fillo. Ó chegar a casa, Max bótalle un vistazo as películas caseiras de Xacob Fleischmann. O amencer, vai á praia e descobre a Roland e a Alicia bicándose.Déixaos alí e Max pensa en ir visitar a tumba de Xacob. Chega alí, e percátase de que non está só no mausoleo. Cando pode, o rapaz foxe do cemiterio e vai falar co vello fareiro. O día seguinte, Alicia, Roland e Max volven a mergullarse, pero atópanse cara a cara co Príncipe da Brétema e case leva a Roland. O fareiro vai ver a casa dos Carver e o xardín de estatuas, e queda sorprendido o ver que está baleiro. O chegar a casa, Max pon as pelis de Xacob Fleischmann, e por casualidade, o que está gravando reflíctese nun espello e o rapaz descobre que Xacob e Roland son a mesma persoa. Despois desta revelación, Max ve a Víctor Kray e ínvítao a pasar. Max dille que xa sabe o de Xacob e Roland. O vello cóntalle que tivera que salvar a Xacob de morrer afogado, e Eva Gray, pedíralle que se encargara do neno, porque se seguía con eles a súa vida correría perigo. Víctor Kray aceptou. Este díxolle que Max índa non sabía que él era Xacob Fleischmann. O Dr. Caín volve a por Xacob, que se encontra na súa cabana da praia, e ponlle como presa a Alicia, porque sabe o moito que a quere. Roland dille que solte a Alicia e que o leve a él, que é a quen quere realmente. Max trata de parar o Príncipe da Brétema, pero él e superior as súas forzas. O Dr. Caín acepta o que Roland lle propón e dille en que camarote do Orpheus está agochada a rapaza. Roland vai a por ela e atopaa, pero xusto cando estaban a piques de saír do Orpehus, una viga de ferro cae sobre un dos pés de Roland, obrigándoo a quedar en mans do Príncipe da Brétema para sempre. Alicia afortunadamente sálvase, pero lémbrase moito de Roland. Ao final, Víctor Kray marcha, porque desafortunadamente a súa misión xa rematara, e déixalle a Max as chaves do faro, e éste convértese no
novo fareiro da vila.
É un libro moi interesante porque non sabes o que vai acontecer.
Lucía Gagino Fernández (2º A)
A viúva do camposanto por Lucía Gagino Fernández (2º ESO)
Esta é a historia dunha rapaza, duns 15 anos, que quedou encantada por arte de maxia.
Un día, María, que así se chamaba, subía a costa do monte Amarelo na súa bicicleta nova. Non ía soa, pois a súa avoa dixéralle que fora pasear co can. Para chegar á cima do monte Amarelo, tiñan que pasar a carón do camposanto vello, que levaba anos abandonado. O desgrazado do can saltou a portela do cemiterio, e, María, ao ver que tardaba, foi adentro a ver se lle pasara algo. Estaba comezando a anoitecer, e unha espesa brétema cubría o camposanto. Ao entrar, escoitou o que lle parecía unha muller chorando. Adentrouse un pouco máis, e viuna axeonllada ante unha tumba. María olvidouse por completo do
can, e coma se tivera un imán que a atraese cara ela, achegouse á muller e preguntoulle:
- Señora, atópase vostede ben? -preguntoulle María cun fío de voz.
Entón, a señora deuse a volta e María contemplou como o seu rostro pálido se agrandaba, os seus dentes afiados asomaban por esa boca que se ensanchaba, os ollos volvían a unha cor avermellada e da súa boca empezaba a agromar a brétema pola que estaba cuberta o cemiterio.
María quedou atónita ao ver ese fenómeno anormal, e cando quixo arrecuar, viu que a néboa tomara consistencia e volvérase coma unha parede. Ó chocar coas costas na parede, deuse conta do que estaba a ver: a viúva que matara, segundo di a lenda os seus dous maridos, e por medo a que o seu amante a delatase, asasinouno tamén, e agora, o seu espírito atormentado vagaba polo cemiterio chorando a morte dos seus cónxuxes. Tamén lle contara a súa avoa que esa viúva, segundo a historia, tiña un punto moi débil, que era falar coa xente de bo corazón, e a viúva, ao querer responderlle a María, empezou a estoupar, e do
seu frío corazón saíron os espíritos atrapados que ela matara coas súas propias mans anos atrás. Á rapaza fixéraselle un nó na gorxa e miraba sorprendida aquel maléfico espectáculo. De repente, a viúva volveuse envolta nunhas lapas e poucos segundos despois en cinzas, que o vento levou con facilidade.
María ao ver desaparecer as cinzas no vento, viu a oportunidade perfecta para fuxir e así o fixo. Cando levaba pedaleado na súa bici uns vinte metros, deuse conta de que o can quedara no camposanto e non viñera a canda ela. Entón, María díxose a sí mesma:
-O can xa virá se quere, que eu aí dentro non volvo! - e seguíu pedaleando ata chegar a casa.
Ó chegar a casa a avoa preguntoulle polo can, e xusto nese intre, cando ía darlle unha escusa convincente, a porta da entrada abriuse de golpe e o can entrou coma una bala e co rabo entre as pernas. O pobre tamén levou un bó susto!
Relato Gañador do Concurso do Samaín para o 1º Ciclo da ESO

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)