Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º ESO. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de xuño de 2012

Tristes armas de Marina Mayoral

Todo empezou un dia de outono,Harmonia e rosa saliron dun orfanato para coller un barco pa marchar a Rusia.Por que aquí estaban en peligro pola Guerra Civil.Cando cegaron ao porto despedironse de seu pai(Miguel),pero todo o contrario da sua nai,que non se pudieron despedir dela por que chegara tarde.A viaxe foi moi longa e dura.Dentro do barco Harmonia fixouse nun rapaz que era o unico que non choraba,que se chamaba León.Cando chegaron ao seu destino,Leningrado,tiñan de todo,unha casa,unha escola,unha cuidadora(Maria del Mar),etc…
Na escola tiñan que escribirlles unha carta aos pais,e Harmonía e Rosa escribiulles contandolle todo o que estaban a sufrir.Esta carta non lle chegou a seus pais,debido polos problemas que había na frontera. Miguel morreu varios anos despois,na guerra do Ebro. Entón Carmiña decidiú abandonar o seu país e marchar a Francia,pero non taba ben e decidiú marchar a Argentina.Onde se casoú cun home de negocios,pero nunca deixou de amar a Miguel.Rosa converteuse nunha gran bailarina e entrou na academia mais importante de Rusia.A poucos anos,León e Harmonía casárones.Cando acabou a 2 Guerra Mundial,voltaron todos a España,onde foron vivir a Galicia.Harmonía,Leon,Rosa e os seus respectivos fillos.Un día chegoulles unha carta,era a carta que lle enviara Rosa e Harmonía a seus pais.

Eu creo que este libro está moi ben escrito e o tema está moi ben buscado, xa que reflicte á perfección o sufrimiento que causa a Guerra. O que non me gustou moito foi que pasaran tantos anos de golpe,xa que te desconcentras un pouco con tantos cambios. É un libro moi bo e triste. A min sinceramente gustoume moito e é un dos libros que máis me gustou da miña vida!!!
Samuel Carballo (4º ESO)

Conta Saldada de Suso de Toro

Catuxa é unha rapaza de 17 anos, á que lle morreu o pai supostamente por un suicidio. Esta, de vez en cando, visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas aparéceselle o seu defunto pai. Ven despedirse dela, ademais de confesarlle que ten un irmán do que a nai non sabe nada, e pediulle que lle entregara un talón de cartos. Despois, desvélalle un feito impactante: que el non se suicidou, senón que o mataron uns clientes por investir os seus cartos sen consentimento deles.
Catuxa decide ir buscar ao seu suposto irmán, Xermán. Ela chantaxéao para que lle axude a vingar a morte do seu pai. Pero este cóntalle que el só foi utilizado para quitarlle os cartos a seu pai, pero para saíren de dúbidas deciden facerse unha proba de sangue.
Un día Xermán devolveulle a bici que lle roubaran a Catuxa no barrio onde vive el, e deciden ir á Ría de Arousa na busca dos asasinos de seu pai.
Catuxa diríxese ao restaurante do Cotelo cunha escopeta e ameázao, este leva a unha mansión onde el lle dá un golpe e o deixa inconsciente. Carmucha, a muller do Cabuxo, mátao cun fouciño eo Cotelo, morre por un disparo de Xermán. De volta á vila, volven á xestoria e mentres eles están dentro entra Castiñeiras, outro cómplice do asesinato, que morreu electrocutado por querer encender a luz.
Ao terminar coa vinganza do seu pai Catuxa entrégalle o seu prometido a Xermán, o talón de cinco millóns de pesetas. Tras estes sucesos na vida de Catuxa e ao saber que Xermán non é seu irmán, comezan a mirarse con outros ollos.
O libro gustoume porque vai sobre un xestor asasinado que e vingado pola súa filla Catuxa, xunto cun rapaz que o final se acaban namorando.
Tamara Sánchez Añón (4º ESO)

luns, 9 de xaneiro de 2012

Uxío Novoneyra

Para que coñezades a vida de Uxío Novoneyra e as imaxes da paisaxe courelá á que dedicou boa parte dos seus poemas, podedes ver a seguinte presentación.

sábado, 12 de novembro de 2011

O Lago por Laura Lorenzo Castro


Había unha casona nos arredores dunha vila. Nela ninguén quería traballar, nin vivir alí, nin nada parecido. Os seus donos tampouco vivían alí, pero naquela casona sempre había o cartel de que se buscaba empregado.
Pero, un día, un home inmigrante dalgún país europeo, ofreceuse para traballar alí. El non sabía nada nin ninguén lle dixera o ocorrido había tempo.
Os donos viñeran á vila para saber quen ía facerse cargo da súa casona. O home inmigrante, chamado Dimitri, non tivo problema para conseguir o posto, no que tiña que arranxar o xardín e manter limpa e ordenada a casa, pero notaba nos seus xefes moita présa por marchar daquel lugar, pero non lle fixo maior caso.

A casona era realmente bonita e maxestuosa, aínda que estaba algo deteriorada por fóra. Nos seus arredores, había un gran xardín con froiteiras e todos tipos de árbores e plantas, pero tiña unha morea de herbas malas e facíalle falta algunha poda as árbores. Dimitri pensou que para iso estaba alí e que tiña que comezar canto antes, aínda que estaba todo o solo cun manto branco de neve.
El non facía vida na casona, senón que vivía nunha casiña da servidume que se atopaba na parte traseira desta, onde ao seu carón se estendía un pequeno lago, na que a súa superficie se atopaba completamente xeado.

O primeiro día non fixo nada xa que estivo todo o día trasladando os seus enseres para a súa nova vivenda. Había moito frío, en parte porque era inverno e estaba nevando, pero había unha leve brisa, cousa rara xa que estaban todas as ventás pechadas e o tellado estaba en boas condicións. Aquela noite xa empezaron a pasar cousas estrañas. Fórase a luz en toda a vila e Dimitri tivera que buscar unha vela para poder ver algo. En canto a encendía, a chama comezaba a oscilar e apagábase. Xa anoxado, comezo a palpar polos caixóns das mesiñas de noite e atopou unha lanterna. Colocou o seu dedo polgar no interruptor e acendeuna. De maneira súbita, apareceu e desapareceu, en cuestión de poucos segundos, a imaxe fantasmagórica dunha moza vestida de criada e que se atopaba toda mollada cos cabelos revoltos. Esa noite, Dimitri non pegou ollo en toda a noite, aínda que xa volvera a luz, pero non se lle borrou da cabeza esa muller.

Estivo toda unha semana cos cinco sentidos postos, pero a moza non se lle volveu aparecer máis. Dimitri xa estaba máis confiado, pero un día estaba amañando un pouco o xardín e notou o alento de alguén na súa caluga. Xirouse ao momento pero o único que viu foi o lago ocupar a maioría da súa visión.
Ese mesmo día pola tarde, Dimitri tiña pensado ir limpar un pouco o po da casona, e así foi. Nada máis entrar pola porta principal da mansión, o que máis impresionaba eran as escaleiras, que eran dúas e que nun punto se xuntaban. Dimitri subiu as escaleiras, co ruxido da madeiras destas e o eco dos pasos detrás del, e comezou polas habitacións para acabar polo largo corredor. Neste corredor había un toucador de madeira de caoba cun espello, e na superficie do toucador estaba pousado un xarrón de rosas vermellas. Limpando no moble, a auga do xarrón comezou a evaporarse e o espello cubriuse de bafo. Dimitri asustouse e mentres lle caía o plumeiro na chan, no espello empezou a perfilarse unha palabra cun dedo invisible. Nel poñía: “Axúdanos”. Dimitri quedou mirando para ela, mirou aos lados e despois xirouse 180º. Enfronte estaban as escaleiras e ao final, diante da porta apareceu de novo a moza. Dimitri quedou paralizado e pestanexou, pero cando abriu os ollos, a moza estaba a uns centímetros del. Dimitri pechou os ollos con moita forza e berrou:

- Pero, que queres de min? Eu non fixen nada malo, eu só quero vivir a miña vida, por favor, non me fagas dano.
- Quero que nos axude- dixo con voz de ultratumba.- Non che imos facer, dano. Só queremos que nos axudes, e ao mesmo tempo estarémoste axudando a ti.
- Pero, que pasa? Cal é o problema?- Dimitri continuaba cos ollos pechados e coas mans por diante da cara.
- Os donos desta casa son uns asasinos.
- Pero, qué estás a dicir?
- O que acabas de oír. Os donos desta casona matáronnos a nós e aos meus compañeiros.
- E logo porque ían facer iso?
- O diñeiro. O diñeiro sempre é o problema. O que acaba con todo. Os meus xefes, sí, os meus xefes, eu traballaba aquí, igual que os meus compañeiros. Non nos quixeron pagar, matáronnos pouco a pouco e tiráronnos ao lago.
- E que queres que faga eu?
- Aínda non rematei. Nós somos inmigrantes. Eles querían inmigrantes para non pagarnos e despois matábannos para non dar problemas. A escusa que eles poñían era que marchabamos para os nosos países e como nos tiñamos familia aquí ninguén nos botaba en falta.
- Eu son o seguinte?
- Se non fas nada ao respecto, si.

Daquela, Dimitri abriu os ollos e a moza xa non lle parecía tan malvada como lle parecía antes. Era loura e de ollos azuis, probablemente sería do seu mesmo país. Os dous idearon un plan cando, ao fin de mes, chegaran os donos da casona.

Unha semana despois, chegaron os xefes de Dimitri. Viñan bastantes serios e Dimitri púxose algo nervioso. Xa era á tardiña, e Dimitri foilles ensinando o xardín, seguindo o plan ata chegar ao lago, que curiosamente xa non estaba xeado.
De súpeto, o ceo púxose completamente escuro e os raios cruzaban o ceo. Os donos comezaron a sentir temor, xa que eles sabían o que fixeran. A moza, que se chamaba Irina, apareceu dun momento a outro diante dos donos da casona que estaban ao carón de Dimitri, pero este, desta vez, xa non se asustou. Irina foise indo cara atrás, e detrás dela foi saíndo do lago un completo exército de espíritos, que foran criados da casona e que asasinaran os donos desta, anos e anos atrás. Todos eles xuntaron as súas forzas e provocaron un gran furacán, que colleu aos donos e os levou ao medio do lago e alí os afundiu, onde, minutos despois, acabarían afogando, coma fixeran eles cos criados logo da súa corta estadía na casa. Ao momento, o lago formou unha capa de xeo na súa superficie, na que se podía ver como a dona da casa petaba nel e ía pouco a pouco quedando sen aire e a pel se ía volvendo cada vez máis azul.
Os espíritos déronlle as grazas a Dimitri, e el aos espíritos, xa que eles tamén o salvaran dun futuro pouco esperanzador. Pouco a pouco, os espíritos foron desapareceron e Dimitri, que estaba moi sorprendido, volveu para a casa da servidume para poder durmir, xa que ao día seguinte tería un longo día de mudanza.

Laura Lorenzo Castro 4º ESO
Relato gañador no Concurso de Relatos de Terror

luns, 31 de outubro de 2011

Si, son galeg@, non tes envexa? por Carolina Lema Collazo


A lingua galega. En principio son dúas palabras que non nos din demasiado. O primeiro que nos vén á cabeza é que é unha lingua que se fala en Galicia, e que provén do latín. Pero é moito máis ca eso.
Nun estudo realizado o pasado mes de xaneiro, os resultados foron que un 25% da poboación galega, non é galego-falante, é dicir, que non fala galego no seu día a día. O outro 75% ten o galego como a súa lingua principal. Este 75% son os que manteñen a esencia de Galicia viva, son os que fan que Galicia destaque, por ter esa lingua que nos fai diferentes.
O galego non é só unha lingua máis. É a LINGUA. Unha lingua chea de historia. Unha lingua que tivo que loitar para poder estar onde está agora mesmo. A lingua na que falaban e escribían os máis grandes de Galicia. A lingua pola que Rosalía, Curros, Castelao, Pondal,…loitaron.
A nosa fala é moito máis ca unha fala. É unha cultura, unha forma de expresarse, unha lingua que non se fala, senón que se sente. Que che sae da alma. Pero que só sentimos de verdade, os que somos galegos, os que falamos o galego, os que levamos a palabra GALICIA tatuada no noso corazón.

En resumo, que o galego é unha fala única no mundo. Que non debemos perder por nada do mundo. E cando, por exemplo, na televisión imitan o noso acento galego, o que debemos dicir coa cabeza ben alta, é: “SI, SON GALEGO, E TI NON! TES ENVEXA?”

Carolina Lema Collazo (4º ESO)

venres, 28 de outubro de 2011

Cousas de Castelao


Para preparardes o comentario de texto dunha "cousa" de Castelao déixovos aquí este blogue onde podedes ler algúns dos relatos. Tedes ademais exemplares da obra na biblioteca do cole.

Cousas da vida de Castelao

domingo, 23 de outubro de 2011

O Grupo Nós e Vida e Obra de Castelao


Portada da Revista Nós

Nas aulas de 4º da ESO estamos estudando o labor literario e de impulsores culturais do Grupo Nós así como as principais obras dos seus membros máis destacados. Tedes aquí a presentación empregada na aula para que poidades completar os apuntamentos.

Tamén podedes consultar a presentación da vida e obra de Castelao ou esta outra máis completa



As vangardas en Galiza


Cadro de Luís Seoane

Para o alumnado de 4º da ESO deixo aquí a presentación sobre as vangardas en Galiza que utilizamos na clase para que poidades completar os vosos apuntamentos e aprender un pouco máis sobre as vangardas literarias e artísticas en Europa e en Galiza.