xoves, 8 de novembro de 2018

Medicina química ou natural, Andrea Lema Cotelo (3º ESO)

A medicina (do latín medicina, derivado á súa vez de mederi, que significa 'curar', ' medicar') é a ciencia dedicada ao estudo da vida, a saúde, as enfermidades e a morte do ser humano. A medicina forma parte das denominadas ciencias da saúde.
Existen dous tipos: a medicina natural e a química.
A natural foi moi utilizada fai tempo. Algúns científicos dedicaron a súa vida a estudar e observar o funcionamento do noso organismo, e así aprender a defendernos contra as enfermidades. Ás veces non somos conscientes do que nos pode achegar e dos beneficios, e preferimos utilizar a química, pero a natural, polo xeral, é máis sa e ten un maior efecto. Maioritariamente cando nos falan desta medicina pensamos en plantas.
A química encárgase de estudar a orgánica tradicional e o seu desenvolvemento, e extrae as substancias naturais que poderían servir para elaborar outros medicamentos, compostos de materias químicos fabricados no laboratorio.

Nace un campión de Ursula Heinze, recensión de Lidia Collazo Álvarez (2º ESO)

Este conto trata dun neno que se chama Andi. A el dábaselle moi mal a educación física e todo iso. Todos os rapaces se rían del porque non aprobaba esa materia que para todos resultaba fácil, menos para Andi. Un día chegoulle a casa un rapaz chamado Pablo, que ía na súa clase, pouco a pouco eles fóronse facendo amigos polo conto de que Andi lle axudaría cos deberes do colexio e Pablo en Educación Física. Sempre quedaban para adestrar, pero un día Andi tardou moito en chegar a casa e a súa avoa preoucupouse moito, porque o seu neto non sabía nadar e ela escoitara algo de ir á piscina, buscara como tola ela e mais o irmán de Andi, Tomás, e ao final atóparono. Ao chegar á casa a súa avoa faloulle sobre o tema da natación e díxolle que lle ensinaría a nadar, xa que ela nos seus tempos fora nadadora profesional e tiña os seus trucos.
Un día ás 7 da maña a súa avoa espertou a Andi e a seu irmán, e díxolle que ían á piscina antes do colexio. A avoa meteu o neto na auga e soltouno, o rapaz empezou a patexar e conseguiu nadar, estaba sorprendido, pero non era o del, tiña a sensación de que só fora unha casualidade e que el non sabía nadar aínda.
Ao día siguinte en Educación Física os seus amigos estaban a falar de apuntarse a un concurso de natación e tiña que ir toda a clase, entón empezaron a adestrar el e súa avoa todos os días que podían e ían co seu amigo Pablo no ximnasio.
O día da competición todos estaban sorprendidos porque Andi presentarase e o colexio quedara nun posto bastante bo. Despois de tanto estar nadando Andi colleulle o gusto e xunto co seu amigo Pablo empezáronse a presentar en concursos de natación, uns a nivel mundial e outros non tan grandes, pero Andi estaba decidido de que despois de tanto tempo dedicado á natación, quería ser un bo nadador, deixou os estudos apartados a un lado e quixo seguir a súa carreira como nadador, xa que como a súa avoa tamén se dedicara a iso nos seus tempos de moza e a el tamén lle gustaría.


venres, 26 de outubro de 2018

Dieta antirratos!!


Helena e Inés de 2º da ESO dramatizan neste vídeo o conto que Inés escribiu para lle recomendar ao gato unha dieta alternativa.

O rato mocoso

Neste vídeo creado por Antía Suárez de 2º da ESO podedes ver a Lara e Antía dramatizando a historia deste rato mocoso!!


Xonás e Pepe


Este conto de Noé Souto de 2º ESO foi dramatizado por Brais, por Nico e Jonathan e narrado coa voz en off do seu propio autor. Están feitos uns artistas estes rapaces!!

O rato Pepote



Este conto de Tania González Carabel de 2º ESO foi dramatizado por Antía, pola propia autora e coa voz en off de Cristian. Que boas rimas fai o rato Pepote!!

O diario vermello de Flanagan, Inés Eiroa (2º ESO)

Resultado de imaxes para DIARIO VERMELLO DE FLANAGANFlanagan coñece a Carlota, unha rapaza da súa mesma idade, á saída do metro e, xuntos, deciden facer un diario sobre sexo e todo o relacionado con el. Desta forma, Flanagan, mediante consultas a un médico, búsquedas en Internet, enciclopedias, conversas e entrevistas aos seus compañeiros; redacta un diario moi informativo sobre o tema.  Tamén reflicte nel as súas experiencias co sexo e a relación que vai xurdindo con Carlota... todo iso dende un punto de vista dun rapaz de 17 anos.
 
Entre Flanagan e Carlota vai xurdindo unha relación que pasa do enamoramento á ruptura e que remata cunha boa amizade.

Opinión persoal: 

Gustoume moito, e está bastante ben.  Prefiro este libro ao "O diario vermello de Carlota", que conta a mesma historia pero dende o punto de vista de Carlota.