Flanagan coñece a Carlota, unha rapaza da súa mesma idade, á saída do metro e, xuntos, deciden facer un diario sobre sexo e todo o relacionado con el. Desta forma, Flanagan, mediante consultas a un médico, búsquedas en Internet, enciclopedias, conversas e entrevistas aos seus compañeiros; redacta un diario moi informativo sobre o tema. Tamén reflicte nel as súas experiencias co sexo e a relación que vai xurdindo con Carlota... todo iso dende un punto de vista dun rapaz de 17 anos.
Entre Flanagan e Carlota vai xurdindo unha relación que pasa do enamoramento á ruptura e que remata cunha boa amizade.
Opinión persoal:
Gustoume moito, e está bastante ben. Prefiro este libro ao "O diario vermello de Carlota", que conta a mesma historia pero dende o punto de vista de Carlota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario