domingo, 10 de novembro de 2013

A noite de Samaín por Fernando Rey García (2º B)

Era a noite do Samaín, pero semellaba que ía ser unha noite normal, como case todas as demais. O único especial era que sairíamos a pedir doces.
Comezamos a noite sen moita sorte, e puxémonos a camiñar por un vello sendeiro. Ao pouco tempo, sentimos unha brisa fría que sopraba cara a inmensa porta do panteón da familia Monterrei.
Sentimos curiosidade e adentrámonos no seu interior. Todo estaba escuro, e no medio da escuridade, oïamos unhas voces que viñan do interior dunha habitación que dicían:

Na noite do Samaín
Canto nos imos divertir!
As cabazas dan terror,
Canto medo, que horror!

Fixéronse tan terroríficas que saímos correndo, pero cando xa case rozabamos a saída, aquela inmensa porta pechouse dun forte golpe.
Decidimos prender unha candea e adentrarnos no panteón, en busca doutra saída. Camiñamos e camiñamos polo medio das teas de araña, pero aquel lugar non parecía ter fin. De súpeto, miña irmán caeu no chan e empezou a berrar. Eu rapidamente pregunteille que era o que lle acontecera, pero ela xa non estaba alí, desaparecera sen máis!
E as voces volvéronse a escoitar:

Na noite do Samaín,
canto nos imos divertir!
Agora que xa somos máis,
Agora só faltas ti, rapás!

Nese mesmo instante sentín un arrepío, caín ó chan, mirei cara arriba, e alí estaba miña irmán, mirando cara min. Cando puiden reaccionar do susto, decateime de que estaba na miña habitación, na miña cama, e que todo aquilo fora un horrible pesadelo.
Miña irmán empezouse a rir cara min, pero... de súpeto, volvéronse a escoitar unhas voces que dicían:

Na noite do Samaín,
Canto nos imos divertir!
Anda con moito coidado rapás,
Se non... virémoste buscar!!

Esa casa abandonada da vila por Sandra López Vázquez (2ºB)

Era o 31 de outubro, ese día das cabazas con candeas, eses disfraces

terroríficos... Pois era outro ano máis dese día terrorífico que eu desexaba

rematar. Ese 31 de outubro que desexaría esquecer. Todos os meus amigos

quedamos pola noite, para facer ese famoso " truco ou trato", e todos

pensamos que ía ser unha noite xenial. Pero iso non foi así.

Todo comezou cando Xoán decidiu ir ata á casa abandonada da vila, na que

se di que hai un espírito e que todo aquel que entra acaba transtornándose,

mesmo se di que o que entra non consegue saír. Xoán decidiu entrar, a

ninguén lle pareceu boa idea pero Luís decidiu acompañalo. Pasaron minutos e

eles non saían, cada minuto que pasaba o medo ía apoderándose de nós. De

súpeto, oíronse ruídos e unha cara estraña asomouse pola ventá. Xoán chegou

correndo, sen alento, cando por fin se calmou, díxonos que non atopaba a Luís

por ningures. Decidimos entrar todos… Pasamos bastante tempo buscando

por el pero nun momento dado oíuse berrar a Marta, todos corremos ata

atopala. De súpeto, vimos a Luís no chan sen respirar. Vimos que algo tiraba

de Marta, xusto nese instante oíuse un berro, un berro descoñecido. Alguén

me agarrou o ombreiro pero todo era escuro e non se vía nada. Cando xirei

a cara vin un ser, como un home sen partes da cara, como posuído, xirou a

cabeza uns 360º e de súpeto Marta estaba morta, no chan tombada pero

o demo xa non estaba, o resto do grupo, paralizados co medo non sabiamos

que facer e empezamos a correr, pero vimos como Nuria se elevaba, nada

estaba a tirar dela, os seus ollos abríronse como pratos, eran vermellos,

cheos de rabia e a súa cor de pel ía volvéndose cada vez mais pálida. Estaría

posuída? – Pregunteime – Non, esas cousas non existen. Empezou a vir cara

nós moi rápido, e de repente, desapareceu e outro berro arrepiante volveuse a

oir. Xoán e eu conseguimos saír desa terrorífica casa. E a cara dese home

mirounos pola ventá outra vez. Pasaron días e ninguén nos criu.

Decidín irme da vila.

Xa pasaran anos e decidín ir ver a Xoán de novo, pero cando preguntei por el

só me dixeron que estaba nun centro e que dende esa noite cambiara.

Moita xente marchou a vivir a outro lugar, xa que nesa vila cada vez ocorrían

cousas máis estrañas, xa ninguén se sentía a gusto vivindo nela, sobre todo

eu, xa que volver a esa vila recordábame máis a ese terrorífico día.

Sandra López Vázquez (2º B)

martes, 7 de maio de 2013

Aire negro de Agustín Fernández Paz

Laura viñera desde Madrid a Casa Grande. Alí encontrouse con Carlos que era o seu antigo profesor,que actualmente era o dono da casa rural. Mentres estaba na Casa Grande ocorreron cousas horribles: o can morrerá atacado por unha besta e Iria foi agredida. Así pasaban os días e ela sentía unha estraña presenza e espertaba en soños. Un día mentres estaba paseando empezou a chover,a lostregar e a tronar. Un raio alcanzou a Laura pero en realidade era a besta que Laura vira e de alí foi ingresada no hospital. Despois de diagnosticar que estaba enferma da mente foi ingresada na clínica psiquiátrica. Alí coñeceu o doutor Víctor, que empezou a tratala para recuperar a súa memoria. Empezou o tratamento e mandoulle escribir todo o que se acordaba. Comezoulle a contar todo o da gran besta e o que vivirá na Casa Grande. Víctor foi falar con Carlos para saber se o que lle contou Laura era verdade. Finalmente foi verdade, polo que parece sorprendente que baixo de nós hai unha realidade, a Gran Besta. Jéssica Pose Rodríguez (3º A)

xoves, 7 de marzo de 2013

Unha estrela no vento de Ledicia Costas

Miguel ía ao instituto e despois acostumaba ir a un bar chamado a Lagoa. Unha vez que marchou do bar, déronlle unha malleira e ferírono, polo que tivo que ser hospitalizado. Mentres, na casa, seu pai marchou e a nai tivo que facerse cargo de Abel porque os seus pais morreran nun accidente. Na Lagoa coñeceu a unha rapaza chamada Reina que era de etnia xitana. Miguel e os seus amigos ordenaron unha pelexa para o domingo ás oito da noite nun lugar perigoso. Miguel non puidera participar porque estaba aínda doente do outro día e el non quería levar a Abel porque estaba en cadeira de rodas. Ao final levouno, empuxárono ao barranco e morreu. Miguel sentíase culpable de que morrese Abel xa que só quería que el non participase na pelexa. Encantoume este libro porque trata temas sobre adolescencia que están moi presentes na nosa vida.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

Tristes armas de Marina Mayoral

Harmonía e Rosa eran dúas nenas que estaban no orfanato mentres que seus pais loitaban na guerra. Para estar a salvo as nenas marcharon nun barco para Rusia tardaron quince días en chegar antes de embarcar a nai non puido despedirse das nenas. Elas mentres que estaban en Rusia escribironlle unha carta.Miguel o seu pai morreu na guerra despois a nai casou cun americano.Os anos pasan e as nenas seguen en Rusia,Rosa quere ser bailarina e aceptada na escola Bolshoi. Rosa chegou a ser unha bailarina famosa e admirada por todo mundo.Harmonía dedicouse como María do Mar ao coidado dos nenos orfos e refuxiados da guerra.Exerceu ese labor ata que casou con León que fixera unha brillante carreira. O que nunca puideron facer Harmonía e Rosa foi reunirse con súa nai.Os esforzos de Carmiña para que a deixasen entrar en Rusia foron inútiles. Rosa facía xiras polo estranxeiro así puido ver a súa nai. Harmonía soamente por carta ou por teléfono con súa nai. Harmonía tivo tres fillos e Rosa adoptara dous cando pasou a profesora de baile. Despois de cincuenta anos emprenderon o camiño a Galicia volveron a casa de seus pais. Un día o neto do antigo xefe de Correos entregou a carta que elas escribiran de nenas a seus pais que nunca chegou a destino. Gustoume porque é un libro moi emotivo.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

A historia do home can de Pepe Carballude

Faustino Santos era un ex notario ao que lle tocara a lotería. Converteuse nun can por querer recobrar a eterna xuventude xa que tomou un frasco que lle mandou Kechú, un amigo indio. El con toda a présa non leu o papel que lle advertía que non o podía mesturar con alcol, que había contraindicacións. Por querer ser xove converteuse nun can. Despois de varias aventuras, ninguén confiaba nel. Ata mesmo foi á cidade pero pasou o mesmo. A noite de San Xoán recuperou o seu aspecto humano e volveu para a casa para celebrar coa súa muller o seu aniversario de voda. Gustoume pero é un pouco surrealista.
Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)

sábado, 16 de febreiro de 2013

Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro

Tonecho é un neno nado na cidade e ten que trasladarse a Rebordechao, unha pequena aldea perdida para vivir cos avós unha vida sen os seus pais. Asiste á escola unitaria con Kevin, un neno dous meses menor ca el. Os dous están namorados de Sabela,a mestra, polo que a súa desilusión é grande cando lle dixo que tiña mozo desde había anos. A tranquilidade de Tonecho altérase o día que descobre un misterioso cuarto con manchas de sangue na casa dos carros. Nela habitou o Home do Unto. Ía de paseo co seu can Langrán e viu un lobo. Caéulle o bocadillo e ao collelo non viu que estaba cheo de cogomelos velenosos. Por iso,tivo que ser hospitalizado. Encantoume porque o que se narra é moi cotidiano.

Jessica Pose Rodríguez (3º ESO)