terroríficos... Pois era outro ano máis dese día terrorífico que eu desexaba
rematar. Ese 31 de outubro que desexaría esquecer. Todos os meus amigos
quedamos pola noite, para facer ese famoso " truco ou trato", e todos
pensamos que ía ser unha noite xenial. Pero iso non foi así.
Todo comezou cando Xoán decidiu ir ata á casa abandonada da vila, na que
se di que hai un espírito e que todo aquel que entra acaba transtornándose,
mesmo se di que o que entra non consegue saír. Xoán decidiu entrar, a
ninguén lle pareceu boa idea pero Luís decidiu acompañalo. Pasaron minutos e
eles non saían, cada minuto que pasaba o medo ía apoderándose de nós. De
súpeto, oíronse ruídos e unha cara estraña asomouse pola ventá. Xoán chegou
correndo, sen alento, cando por fin se calmou, díxonos que non atopaba a Luís
por ningures. Decidimos entrar todos… Pasamos bastante tempo buscando
por el pero nun momento dado oíuse berrar a Marta, todos corremos ata
atopala. De súpeto, vimos a Luís no chan sen respirar. Vimos que algo tiraba
de Marta, xusto nese instante oíuse un berro, un berro descoñecido. Alguén
me agarrou o ombreiro pero todo era escuro e non se vía nada. Cando xirei
a cara vin un ser, como un home sen partes da cara, como posuído, xirou a
cabeza uns 360º e de súpeto Marta estaba morta, no chan tombada pero
o demo xa non estaba, o resto do grupo, paralizados co medo non sabiamos
que facer e empezamos a correr, pero vimos como Nuria se elevaba, nada
estaba a tirar dela, os seus ollos abríronse como pratos, eran vermellos,
cheos de rabia e a súa cor de pel ía volvéndose cada vez mais pálida. Estaría
posuída? – Pregunteime – Non, esas cousas non existen. Empezou a vir cara
nós moi rápido, e de repente, desapareceu e outro berro arrepiante volveuse a
oir. Xoán e eu conseguimos saír desa terrorífica casa. E a cara dese home
mirounos pola ventá outra vez. Pasaron días e ninguén nos criu.
Decidín irme da vila.
Xa pasaran anos e decidín ir ver a Xoán de novo, pero cando preguntei por el
só me dixeron que estaba nun centro e que dende esa noite cambiara.
Moita xente marchou a vivir a outro lugar, xa que nesa vila cada vez ocorrían
cousas máis estrañas, xa ninguén se sentía a gusto vivindo nela, sobre todo
eu, xa que volver a esa vila recordábame máis a ese terrorífico día.
Sandra López Vázquez (2º B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario