Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe non sexista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe non sexista. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de outubro de 2011

Criterios de linguaxe non sexista

A Área de Terminoloxía da USC acaba de publicar unha guía cos criterios da linguaxe non sexista.  Aquí tes algunhas recomendacións e suxestións para empregar unha linguaxe non discriminatoria e que visibilice o papel da muller na sociedade actual. Se segues estes criterios, poderás desbotar da túa fala a utilización de unicamente a forma masculina nos cargos ou profesións, empregar a forma colectiva que inclúa os dous xéneros (alumnado fronte a alumnos).

Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional. Trátase de dar un paso máis aló e fuxir do tradicional uso do masculino como xénero non marcado, correcto dende o punto de vista gramatical pero que invisibiliza as mulleres e a súa intervención na sociedade. A súa utilización permitirá que os textos e os discursos teñan un estilo comprometido co non sexismo e asentado na cultura da igualdade e dar visibilidade ao 50% da poboación, sexa cal sexa o seu sexo, e solucionar problemas de ambigüidade na comunicación.