A Área de Terminoloxía da USC acaba de publicar unha guía cos criterios da linguaxe non sexista. Aquí tes algunhas recomendacións e suxestións para empregar unha linguaxe non discriminatoria e que visibilice o papel da muller na sociedade actual. Se segues estes criterios, poderás desbotar da túa fala a utilización de unicamente a forma masculina nos cargos ou profesións, empregar a forma colectiva que inclúa os dous xéneros (alumnado fronte a alumnos).
Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional. Trátase de dar un paso máis aló e fuxir do tradicional uso do masculino como xénero non marcado, correcto dende o punto de vista gramatical pero que invisibiliza as mulleres e a súa intervención na sociedade. A súa utilización permitirá que os textos e os discursos teñan un estilo comprometido co non sexismo e asentado na cultura da igualdade e dar visibilidade ao 50% da poboación, sexa cal sexa o seu sexo, e solucionar problemas de ambigüidade na comunicación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario