mércores, 1 de abril de 2020

A Reportaxe

O alumnado de 2º da ESO atreveuse a facer unha reportaxe neste tempo de confinamento. Iremos publicando todas as que nos vaian mandando aínda que o tema por excelencia creo que xa sabemos cal vai ser:

O Coronavirus
I.T.P 31 MARZO 2020

O coronavirus é unha afección respiratoria, tamén coñecida como Covid-19, que provén de Wuhan, China e que se converteu en pandemia, é dicir, que afecta a moitos países.
Propagación e síntomas
A súa propagación é moi rápida en parte debido a facilidade do desprazamento que temos as persoas na actualidade. Ademais este virus propagase polo aire a través de gotas respiratorias que producimos ao falar, tusir ou espirrar, polo que algunhas medidas de seguridade son lavarse con frecuencia as mans, espirrar no cóbado e o uso de máscaras e luvas, para os que xa hai unha forma na que se deben de sacar. Afecta sobre todo aos anciáns e persoas con dificultades respiratorias, e a taxa de morte é baixa dun 4,5%. Incluso hai un número para cada comunidade ao que chamar no caso de que notes síntomas que son xeralmente febre, tose, dor de cabeza, dificultade respiratoria, dor de garganta e secreción nasal.
#euquedonacasa
É o novo hashtag que se utiliza para animar a xente a quedar na casa para dificultar a propagación do virus e evitar o colapso dos hospitais. Esta corentena só permite saír a fora para ir ao supermercado, farmacia ou ao médico entre outras cousas. Deixando así as persoas de traballar e algunhas optando polo teletraballo. Porén este parón xa está a causar problemas na economía sobre todo para os máis pobres. Pois xa se sabe que despois disto sufriremos unha forte crise.
España
Xa sexa polas malas medidas, ou pola tardía incorporación destas, España é o terceiro país máis afectado con 94.417 infectados. Sendo Castela-A Mancha, Cataluña, País Vasco, Valencia, Castela e León e Madrid as comunidades máis afectadas superando esta última os 24.000 infectados e os 3.300 falecidos. Ademais os hospitais están colapsando polo que precisan da axuda dos hospitais de campaña como o IFEMA en Madrid, con unha capacidade de ata 1.300 enfermos.
Por outra parte o material sanitario escasea polo que o goberno está loitando para conseguilo de China, tamén son moitas as costureiras que se están sumando para fabricar máscaras.




Irene Torrado




O SECTOR GANDEIRO CADA VEZ MÁIS
AFECTADO POLO COVID-19



A pandemia do covid-19, máis coñecido como
coronavirus, está a provocar certa incerteza e preocupación no sector gandeiro. Unións Agrarias denuncia a chegada de leite e
demais produtos lácteos a España, dendediversos países como Alemania, Francia e Portugal, por un custo inferior ao que se estánvendendo os produtos españois, dos cales máis dun 40% son de orixe galega. Estes paísesimportaban os seus produtos ao sur de Italia,agora non deixan pasar a mercancía e como o único que buscan e vender a totalidade da produción no canto de disminuía, redúncelle o prezo e véndena en España.

Como se venden a un prezo inferior e apandemia está a causar diversas dificultades económicas mércanse antes os produtos
importados ca os de aquí, co cal os gandeiros teñen que baixar a súa produción, ademais de que diminúe o prezo do leite que venden as
empresas lácteas, porque estas tampouco venden o suficiente como para pagarlle o leite aos produtores.

Unións Agrarias pide dende aquí que por favorcando vaiamos mercar nos aseguremos de ondeson os produtos que mercamos, xa que aínda
que nos toque pagar uns céntimos máis nunproduto de procendencia galega, tamén axudamos aos gandeiros de aquí, que secadraviven ao teu carón ou moi lonxe, pero máis
lonxe están os produtores alemáns.



Lucía Romero Suárez


O CORONAVIRUS NO MUNDO

O COVID-19 é unha enfermidade infecciosa que é causada por un novo virus, é no que se propagou por todo o Mundo.
É unha infección respiratoria que se pode propagar dunha persoa a outra. Este virus identificouse por primeira vez en Wuhan (China). Pero pouco a pouco foise estendendo por todo o Mundo.
Os síntomas principais:
Os principais síntomas deste virus son a tose, as dores de garganta, a febre, a dificultade para respirar, a dor de cabeza, e calafríos e un malestar xeral.
Prevención:
Non existe unha vacina, para contraer esta enfermidade.
Pero podemos evitala con diferentes métodos:
Lavar as mans.
Evitar tocar nariz, ollos e boca.
Manter unha distancia dun metro e medio con outra persoa.
Tapar cando esbirras ou toses, co interior do cóbado.
España:
A poboación máis afectada de España é Madrid con 22.677 infectados e 3.082 mortes.
Por detrás estaría Barcelona con 15.026 infectados e 1.226 mortes.
Por estes sucesos somos o cuarto país de casos 72.243, por detrás de China, Italia e Estados Unidos.
Galicia:
A Coruña: 1.261 afectados con 45 mortes.
Lugo: 244 afectados con 7 mortes.
Ourense: 415 afectados con 8 mortes.
Pontevedra: 1.005 afectados con 9 mortes.
Entre eles constitúen 3.139 afectados con 65 mortes.
Consecuencias:
Por estes sucesos suspendéronse moitas actividades; como O colexio, todos os deportes, concertos, actos benéficos...
O máis importante de todo isto é quedar na casa, e só saír a merca o imprescindible
Costa Da Morte:
Na Costa da Morte hai 24 casos, pero xa faleceu xente. Como por exemplo; un home de Vimianzo é en Carballo.
#QUEDA NA CASA

Martín Nantón







O CORONAVIRUS

O coronavirus ou tamen chamado COVID-19 é unha enfermidase infecciosa, a enfermidade era descoñecida ata que estalou o brote en Wuhan en China en decembro de 2019.

Os síntomas do COVID-19 son: febre, cansanzo, tos seca e dificultades ao respirar. Os síntomas adoitan ser leves e aparecen de forma gradual.
As persoas maiores e aquelas con condicións médicas, como hipertensión arterial, problemas cardíacos ou diabete teñen unha maior probabilidade de desenvolver unha enfermidade grave.


As persoas que teñen síntomas graves da enfermidade deben ser hospitalizadas.
Esta enfermidade non ten cura.
Estase investigando posibles vacinas e distintos tratamentos farmacolóxicos específicos.
Hai ensaios clínicos en curso para poñelos a proba.
As formas máis eficaces de protexerse son:
- Lavar as mans con frecuencia.
- Cubrir a boca cos cóbados ou con un pano de papel ao toser.
- Manter unha distancia entre as persoas polo menos a 1 metro de distancia.
- Evitar tocar o nariz, os ollos e a boca

En España hai 135.032 casos confirmados, 40.937 casos curados e 13.055 casos falecidos.
En Galicia hai 5.342 casos positivos:
Na Coruña hai 1.071 casos.
En Lugo hai 563 casos.
En Ourense hai 992 casos.
En Pontevedra hai 457 casos.
En Vigo hai 1.081 casos.
En Santiago hai 871 casos.
En Ferrol hai 307 casos.


Lucía Rodríguez



Todos contra o coronavirus


Coronavirus o virus propagado por todo o mundo a finais do 2019.

- Como comezou todo?
Todo comezou o 1 de Decembro de 2019 na cidade de Wuhan , na China central cando un grupo de persoas con neumonia desconocida , vinculada principalmente a traballadores de mercado maiorista de mariscadores.
O 11 de marzo de 2020 foi reconocido pandemia global. Hai 208 países afectados , os países con maior números de contaxios son Italia, España, Alemania e China , que este último estivo de primeiro nas primeiras semanas.





- Síntomas que dá o virus , en cantos días o colles e que podemos facer para previr o contaxio do virus.
Produce síntomas similares aos da gripe, entre os que se inclúen febre, tos seca, disnea, mialxia e fatiga. En casos graves caracterízase por producir neumonía, síndrome de dificultade respiratoria aguda. Os síntomas aparecen entre dous e catorce días, cun período de cinco días, despois da exposición do virus. O contaxio pódese previr co lavado de mans frecuentes, cubrindo a boca ao tusir, non viaxar e evitas as multitudes de xente.


Andrea Pazos

O BARÇA, A 6 PUNTOS DA LIGA

Na xornada 33 o Barça enfrontábase á Real Sociedad. Estaba só a dúas vitorias de gañar a liga, os dous equipos saíron cun once de gala, pero no quentamento do Barça lesiónase Suárez, polo que en que xogar Ansu Fati en vez del, polo que pasou Griezman a dianteiro.
Comeza o partido no Camp Nou as 21:00 horas soa o pitido do árbitro e saca a Real Sociedad. No exterior óense berros sobre un posible penalti, a favor do Barcelona. O VAR indica que o tiro dos 11 metros é para o Barcelona. Estamos no minuto 15 e gol de Messi. Gaña o Barça.
Achégase o descanso co mesmo marcador. Agora na frontal hai unha falta perigosísima e golpea Messi para Rulli, sale o rebote e gol de Piqué. 2-0, gaña o Barça.
Comeza a segunda metade cun saque do Barça, presión forte da Real. Róubana na defensa e goooool.
No minuto 89 falta na semiluna da área, golpea Messi e gol. Remata o partido 3-1 a favor do Barcelona.
Agora o Barça está só a 3 puntos da liga.

Xabier Parga





Ningún comentario:

Publicar un comentario