xoves, 9 de abril de 2020

POEMAS DE CONFINAMENTO


Neste momento de peche da realidade unha alumna de 1º ESO mándame un poema que fixo neste tempo. É unha reflexión desde a corentena que nos fai pensar no que estamos vivindo e na morriña de tempos pasados. Logo volveremos!!

NA CORENTENA

Pode que que che pareza aburrido
pode que non, pero
isto é o que vai pasar
non te resistas a mirar.

A miña vida vouche contar
verso a verso cada pensamento,
cada experiencia e cada cousa
verso a verso cho conto.

Cada día abúrrome máis,
máis, máis e máis.
Un conto intentei facer, mais
nada saíu, nada, nada, nada.

Cada día ás dez me levanto,
e nada cedo é, dirás
mais para min ben está.
Fago os deberes e ben me chega xa.

Sete anos parece que levo encerrada
pero é un mes en realidade.
Sorte que teño patio de atrás
e podo saír a xogar.

Novas alegrías chegaron á familia,
gatiños, pequechos, que ilusión!
Tempo levo esperando,
e agora xa chegou.

A Semana Santa xa está aquí!
que pena non poder saír.
Algunha vantaxe teño,
a miña irmá comigo está.

Que pena os que están no piso,
entre catro paredes sempre están.
Iso recórdame que hei de aproveitar,
o meu marabilloso fogar.

Coa miña nai vou á leira sachar,
plantar leitugas, cenorias e demais.
Cada día limpo a casa un pouquiño máis,
varrer e fregar, nunca, xamais!
Iso a miña irmá.

Moito me gusta escribir,
acáboo de descubrir,
espero seguir
e moito máis escribir,
ata logo, e a vivir.


Laura Sánchez Varela








Ningún comentario:

Publicar un comentario