Na
actualidade, os salarios, son unha mostra máis da desigualdade entre
homes e mulleres.
As
mulleres, sempre foron asociadas co traballo da casa e co coidado dos
fillos, polo que cando comezaron a introducirse no mundo laboral,
penso que foi a súa inexperiencia, a que fixo que tivesen un salario
máis baixo.
Estas
diferenzas veñen xa da antigüidade, cando os homes eran os que
cazaban e eran considerados os máis fortes, pero que este situación
se prolongase ata a actualidade e algo incríbel.
No
2018, a diferenza de salarios entre homes e mulleres, era dun 30%(as
mulleres cobran un 30% menos) Pode que haxa xente que diga que é
unha bobada, pero nestas circunstancias, se un home cobra 1500 euros,
unha muller desempeñando a súa mesma labor, cobraría 1050 euros.
Non hai ningún argumento que poida explicar estes porcentaxes.
Na
miña opinión, a sociedade debería concienciarse de que os tempos
cambian, e o machismo da antigüidade debe mudarse. As mulleres e os
homes teñen as mesmas capacidades para realizar un traballo.
Que
diferenza hai entre un alcalde e unha alcaldesa?
Se
todo o mundo se concienciase de que non hai ningunha diferenza entres
homes e mulleres, poderiamos cambiar esta situación sen sentido.
Para
evitalo, deberían comezar as políticas dos gobernos a intentar
crear leis, e que fose un delito despreciar deste xeito a unha
muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario