Se
lle digo que nomee personaxes famosos que se lle ocorran ao dicirlle
a palabra deporte,
seguro que unha gran porcentaxe destes son maioritariamente
masculinos, verdade?
“Sara
Rodríguez repite medalla de ouro no Aberto Europeo. A xixonesa
superou á alemá Galandi na final de -70 quilos.”
“España
clasifícase para o Europeo de voleibol tras vencer a Romanía.”
“A
selección española feminina de hóckey sobre patíns, campioa de
Europa.”
“España
gaña o Mundial sub-17 de fútbol feminino.”
Sabía
algunha destas noticias? Probablemente non, nin tan sequera sabía
que había equipos femininos de calquera deporte, e que estes
puidesen chegar a poderes tan altos sen ser recoñecidos.
Tranquilo,
non é culpa súa; a culpa é da sociedade na que vivimos hoxe en
día, que por moito que o intente esconder, considera que a muller é
inferior ao home, tanto no deporte como noutros aspectos da vida
cotiá.
“A
muller sempre será a personaxe da debilidade e da fraxilidade,
mentres que os homes consideraranse fortes, dinámicos e áxiles.”
POIS NON, unha muller pode ser máis forte ca calquera outro home,
mentres que un home pode ser máis flexible ca unha muller. Iso non
depende do sexo, senón da forma do corpo de cada un.
Outra
frase que tamén se escoita é: “Iso é porque non hai mulleres que
practiquen ningún deporte, a maioría teñen que coidar dos fillos
ou da casa. ” Hai deportes, como a natación, o baloncesto ou o
voleibol, nos cales as mulleres superan ó porcentaxe de homes á
hora de practicalos, pero aos medios de comunicación non lles
interesa difundilos, porque senón “perderán audiencia”.
Algunha
vez viu a unha muller árbitro sentenciar un partido de fútbol, de
baloncesto ou mesmo de loita libre? Algunha vez viu a unha
adestradora preparar a un equipo de voleibol, balonmán ou
wáter-polo? Se o viu, considérese un dos poucos afortunados de ver
iso, porque rara vez se ve.
Na
miña opinión, deberíase difundir á muller no deporte, e ademais,
debería de haber xogos nos cales se mesturasen os xéneros e non
houbese diferenza sexual. Para iso, deberíase crear grupos de
traballos ou asociacións sobre a igualdade no deporte, cuxo
obxectivo fose o fomento e o desenvolvemento do deporte para que a
muller puidese incorporarse na igualdade en todas as orientacións
deste.
SARAI
POSE FARIÑA
4º
B
Ningún comentario:
Publicar un comentario