luns, 18 de febreiro de 2019

A censura dos pezóns femininos, Sara Rivera (4º B)



Por que só os homes poden ensinar os pezóns sen ser arrestados pola policía? Por que é ilegal que as mulleres os expoñan e os homes non? Moitas mulleres nos preguntamos isto.

Todo comezou cando, en 1930, foron arrestados catro rapaces por sacarse a camiseta nunha praia de Nova York. Anos despois outros 42 homes foron arrestados.

A partir dese momento, os homes puideron ensinar o seu torso. No caso das mulleres non sucedeu o mesmo.

Ata o día de hoxe, só en 13 estados as mulleres poden estar en topless totalmente. Creo que a solución correcta non é a prohibición da mostra dos pezóns, xa que os peitos femininos son unha parte da anatomía totalmente natural.

Esta censura é cada vez máis común nas redes sociais e isto inclúe comentarios ofensivos cara a persoa que sobe as fotos.

Penso que a mellor solución sería concienciar a xente de que os senos son algo natural e non só erótico ou sexual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario