Saímos dun longo día do colexio, chegamos a casa, prendemos o ordenador, vemos aquela película que levábamos tempo desexando, aquel capítulo daquela serie que non daba saído e por fin está colgado en Internet. Prendemos o móbil, contestamos a un Whatsapp que nos di se vimos aquela foto tan graciosa que colgaron no Instagram.
Entramos en Instagram, deixamos un “me gusta” co seu debido comentario na foto e pechamos a aplicación. Agora é o turno de Twitter, retwitteamos un comentario, dámoslle “me gusta” a unha mensaxe e entramos en Youtube, vemos un par de vídeos...
E agora que facemos? Collemos un libro, mirámolo un pouco por riba, lemos un par de capítulos, entramos en Spotify e poñemos a lista das nosas cancións favoritas para que ambienten a escena. Ben, agora que xa fixemos todo iso e lle dedicamos o seu respectivo tempo a cada unha das actividades anteriormente propostas, vou formular unha pequena cuestión. Canto tempo fai que non vos aburrides?
Si, lestes ben, estouvos preguntando se fai moito que non vos aburrides. E non me refiro aos cinco minutos que pasan entre que elixides a próxima canción que ides escoitar ou o próximo vídeo que ides ver. Non, refírome a aburrirvos de verdade. A pasar unha tarde sen saber que facer, deitándote no sofá, cambiando de postura porque non estás cómodo, levantándote, collendo un bolígrafo e un folio crendo que, ao mellor en toda a tarde que levas pensando que facer, desenvolviches grandes capacidades artísticas para despois darte de conta de que non e deixar o bolígrafo e tirar o papel.
Volves ao sofá, volves a non atopar a postura e esta vez intentas practicar algo de deporte. Colles a
pelota de baloncesto que leva naquela esquina do garaxe tanto tempo que xa nin te lembrabas dela e tiras un par de veces a canastra. Uf, non o deporte tampouco é o teu.
pelota de baloncesto que leva naquela esquina do garaxe tanto tempo que xa nin te lembrabas dela e tiras un par de veces a canastra. Uf, non o deporte tampouco é o teu.
E a música?
Sabedes a que días me refiro verdade? Ben, pois se fai moito que non tedes un deses, estades no sitio correcto. Seguindo estes sinxelos pasos poderedes aprender a aburrirvos.
Comezamos.
En primeiro lugar debedes desconectar calquera tipo de conexión a Internet que teñades na casa. Apagade o wifi e desconectade os datos móbiles. Despois, apagade todos os aparellos electrónicos: ordenador, tableta, móbil, televisión...
A continuación creade un ambiente non que non haxa unha continua entrada e saída de persoas que poidan interromper a vosa sesión de aburrimento.
Por último deixade fluír a vosa creatividade e quen sabe se non vos converteredes nuns marabillosos cociñeiros, debuxantes, músicos, escritores...
Seguir estes tres sinxelísimos pasos é todo o que precisades.
Que o aborrecemento vos acompañe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario