Pasos para deixar de ser un muggle
1. Pensa que poderes queres ter e que variña máxica queres (o material, onde foi forxada, o tipo de madeira…).
2. Unha vez o penses é hora de enviar a
túa solicitude a Hogwarts.
3. Agora é unha parte que non depende
de ti, espera a que che chegue a carta, e se por un casual non che collen,
sempre che quedarán outras universidades de maxia moito peores.
4. Empeza a pensar en que casa vas estar (Gryffindor, Hufflepuff, Ravenclaw ou Slytherin)
5. É a hora de que escollan a túa casa,
non te poñas nervioso.
6. Unha vez esteas na casa, coñece os
teus compañeiros e socializa con todos.
7. Último paso pero non o menos
importante, esperta. Dáte conta de que non estás no mundo de Harry Potter e
nunca vas estar, sempre serás un Muggle que non ten poderes.
Non te sintas mal, sempre che quedarán a familia e os amigos,
pero estes non che van dar poderes nin unha bolsa de estudos en Hogwarts, de ilusións tamén
se vive.
Ningún comentario:
Publicar un comentario