desfacendo as mentiras das menciñas químicas e naturais, cristina pastoriza maroñas (3º eso)
Os remedios
que utilizamos hoxe en día que son recomendados polos médicos serán
bos ou terán algo escondido que non nos queren contar? Pois diso
tratará este texto de mirar como de bos son os medicamentos e se son
mellores os remedios naturais ou os químicos.
Todo o
mundo cando lle doe algo o que fai é tomar unha aspirina pensando
que o que están a facer é bo pero o que non saben é que repetir
esa acción moito tempo seguido pode ser máis mala do que pensan.
En primeiro
lugar a revolucionaria medicina química é a que máis consumimos e
que se fai a través de investigacións e experimentos para tratar a
doenza e producir un alivio case ao instante ou en moi pouco tempo. A
medicina natural xa se leva utilizando desde toda a vida aínda que
agora está a perder a popularidade faise con plantas, raíces... das
cales se preparan as pastillas, locións e unha ampla variedade de
produtos. A natureza ofrécenos gran cantidade de produtos que nós
non sabemos aproveitar. Ambas son boas opcións para empregar en caso
de doenza pero hai que saber os efectos de cada unha xa que aínda
que a química che cure o problema rapidamente ten efectos
secundarios que poden danar outros órganos do teu corpo en cambio as
naturais aínda que tarden máis non teñen efectos secundarios.
Algúns
médicos explican que a menciña natural ten excelentes remedios para
curar enfermidades tales como a diabetes, a hipertensión e o
colesterol alto.
E ata aquí
o que eu podo comentarvos sobre estes tipos de curacións espero que
o leades e recapacitedes sobre as cousas que estades a facer mal
relacionadas co que eu escribín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario