Tras
gañar a fase rexional do concurso Incubadora de sondaxes e
experimentos co traballo “Goberno por azar?”, puxémonos rumbo a
Asturias, co fin de presentar o noso proxecto durante a fase
nacional, que foi celebrada os días 27, 28 e 29 do pasado xuño.
O
primeiro día comezou cunha visita a Santillana del Mar, que nos
serviu un pouco para calmar os nervios, e digo un pouco porque a mañá
seguinte apareceron aínda con máis forza. A hora de subirnos ao
escenario e ensinarlles a todos o traballo que involucrou a todo un
centro durante un ano acercábase, e queríamos estar a altura.
(Aínda que temos que dicir, que non éramos os únicos nerviosos, a
nosa titora, Mila Diéguez, estábao case tanto ou máis ca nós.)
Unha vez rematamos a presentación, puidemos por fin relaxarnos e
desfrutar do que quedaba de viaxe.
A mañá seguinte dirixímonos a Santander, e despois dunha visita
rápida pola cidade, dirixímonos a onde sería a entrega de premios.
Vaia sorpresa tan boa levamos cando resultamos gañadores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario