As plantas
medicinais
e os
medicamentos son dúas cousas totalmente distintas pero que ao fin e
a o cabo veñen desempeñando a mesma función, que é tratar unha
enfermidade ou problema.
Os medicamentos son compostos
químicos que se utilizan para curar, deter ou previr enfermidades.
Tamén serven para aliviar síntomas ou para axudar a diagnosticar
algunha doenza. Os medicamentos poden aparecer como líquidos, gotas,
cremas, inhaladores, parches, pastillas ou inxeccións. Moitos
medicamentos son a única cura que pode ter unha enfermidade como por
exemplo o cancro, a diabetes ou os problemas de corazón, cos que só
se utilizan fármacos. Aínda así un uso incorrecto de calquera
medicina pode causar a morte.
Por outro lado as plantas
medicinais son un recurso natural que leva utilizando o ser humano
dende antes de que se inventara a escritura, é dicir, máis de 5500
anos. Estas plantas pódense utilizar como cremas, pomadas, elixir ou
infusión. Na actualidade estase a poñer de moda volver a tomar
estas menciñas as cales se toman sobre todo para os efectos
secundarios dos medicamentos receitados. Estas son relativamente
seguras sempre que se trate de produtos regulados ou que sexan
prescritos por profesionais. De todas maneiras algo que as
desfavorece dos medicamentos é o feito de non saber cales poden ser
os efectos secundarios das herbas. Un punto positivo é que teñen
un custo menor que os medicamentos.
En definitiva cada un ten os
seus puntos a favor e en contra e ninguén sabería dicir con certeza
que é máis recomendable tomar, o que si hai que ter claro é o
perigo do consumo de calquera dos produtos e non tomalo en caso de
que non sexa necesario ou que o médico non cho recomendara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario