O
Marisquiño é un dos maiores festivais de cultura urbana e deportes
de acción no norte de España. Realízase no porto marítimo de
Vigo, no mes de agosto durante tres días. Cada ano achéganse moitos
curiosos a desfrutar do evento.
Este
ano, o festival celebrouse na fin de semana do domingo día 12 e,
desafortunadamente, este mesmo día, o solo de madeira partiu
deixando caer aos espectadores ao mar, uns por riba doutros. A estes
resultoulles moi difícil saír da auga debido á inclinación na que
rompeu o piso. Isto provocou caos e pánico entre o público.
A
todo isto, un pregúntase a si mesmo, a rotura foi forzada ou debeuse
a un erro á hora de construír a pasarela?
Uns días
despois, chegan aos xornais que unha das probables causas pola cal se
orixinou a rotura da madeira foi debido a un “fallo estrutural”.
Arredor
dunhas 270 persoas estiveron feridas, 5 delas, en situación grave.
De verdade precísase isto?
No
ano 1992 creouse un convenio de colaboración entre o Consistorio
vigués, o Consorcio da Zona Franca e o Porto no cal se establece que
“o
concello comprométese durante os 50 anos de vixencia do convenio, ao
mantemento de toda a actuación en
perfecto estado de conservación,
ben cos seus medios ou ben coa oportuna contratación de obras e
servizos.”
De
todos modos, non aseguran que sexa esa a realidade da historia, por
iso aínda, semanas despois, seguen traballando en descubrir a
verdadeira causa do accidente.
Na
miña opinión, creo que deberían ser máis estritos á hora de
aplicar estas normas e consultar o estado de calquera material, xa
sexa do escenario coma no solo onde se atopa o público, para que
este tipo de accidentes non ocorran. Imaxínese que isto chega a ser
moito máis grave. Tan grave que ata poida provocarse a morte de
calquera persoa presente nese concerto. Sería entón un “fallo
estrutural”? Pénseo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario