A práctica médica está abandonando o concepto segundo o cal a
saúde non é máis ca o tratamento e a prevención da enfermidade
para adoptar unhas novas perspectivas máis amplas que subliñan a
responsabilidade das persoas con respecto ao seu propio benestar.
Corpo san, mente san, aconséllase agora e sempre, dende os primeiros
tempos uns homes aconsellaron a maneira na que cada un pode lograr
unha vida máis sa e demostra que conseguir e manter unha boa forma
física axuda e pode ser divertido.
No pasado, os médicos advertían e prescribían medicamentos químicos
para todo e a xente tomábaos sen dicir nada, era o que tocaba.
Coidado co tabaco, co alcol, cos excesos na comida, pero claro se se
chagaba a iso a única solución era a medicina tradicional ou
convencional. Non se coñecía outra. Chegouse a un tempo en que os
excesos de medicamentos e a présa das farmacéuticas por sacar
outros novos foi tal que moitos deles non se probaron como era debido
e a curto prazo produciron efectos secundarios peores ca enfermidades
que querían combater. A forma de vida que levamos eliminou moitos
dos factores de risco contra a saúde, pero a natureza introduciu
outro. Cada vez son máis raras as enfermidades e a súa solución.
As persoas agora mesmo buscan a saída fácil, píldoras para todo,
cirurxía para mellorar a aparencia... todo e menciñas e máis
menciñas e sobre todo química, ás veces sen saber con seguridade o
que se toma.
Nestes últimos anos empezou a darse a coñecer outro tipo de
medicina, a que usaban os pobos anteriormente, case esquecida, pero
polo visto volve estar en auxe, xa que todo o que é natural parece
ser a mellor cousa.
Os nosos antepasados vían que a natureza era sabia e dicían que ela
dábanos todo o que necesitabamos, non o nego, pero de aí a curar
todas as enfermidades, non o creo. As enfermidades actuais non están
producidas pola natureza, senón por nós mesmos dentro de laboratorios
que liberan o mundo toda clase de causas. Para iso non creo que a
natureza teña a solución. Ben pode ser que outros tipos de medicina
axuden o noso corpo a levar os síntomas que provoquen estas
enfermidades.
Por todo isto, a medicina convencional tería que fixarse en métodos
naturais para aquelas cousas sinxelas nas que non fose necesario o
resto dos laboratorios e as outras menciñas terían que usarse sempre
que se puidese pero sen poñer en perigo a vida dos seus pacientes.
Pois todo tipo de medicina debería de ter como fin a cura das
enfermidades e o logro dunha sociedade sa e non o ser mellor ou peor
solución para unha determinada doenza.
Ámbalos dous tipos de medicina tiñan que traballar xuntas para acadar un mundo
máis san.
Ningún comentario:
Publicar un comentario