O libro trata sobre un
traficante chamado Aurelio Coronado que contrata a Luna para matar a
Flor, unha moza de 40 anos. Aurelio matara ao marido dela porque lle
ofreceron levar droga nun avión e non o aceptara, polo que Flor
vingouse del collendo o avión ca droga, e por un plan fallido tivo
que queimala droga co avión. Mentras tanto nun colexio un neno
chamado Pablo ao que lle gusta Patricia, a moza máis guapa do
colexio, ela pediulle que lle dera clases de mates xa que a el
dábanselle ben. Despois o señor Luna descubre que Flor está en
Madrid. Mentres Pablo vai darlle clases a Patricia e despois desa
clase quedan para ir a un concerto. Luna averigua que Flor está no
barrio de Barraca. Pablo foi ao seu psicólogo ao que lle contaba
todo menos que lle gustaba Patricia. Patricia e Pablo quedan no
concerto e bailan un pouco, cando volven para casa Pablo intenta
bicar a Patricia e ela dille que non está ben que ten noivo entón
el encerrase na habitación para intentar suicidarse pero non pode,
despois colle e bebe unha botella de whisky ata quedar incosciente.
O señor Luna fala coa xente do barrio amosando unha foto de Flor e
que pagará medio millón de dólares a quen a atope, un mozo chamado
Victor acepta. Ao día seguinte Pablo desperta e Flor, a súa
asistenta presentalle a Samara, a súa filla. E van a unha festa e
quedan outro día. Despois Pablo ten medo de ir ao colexio por medo a
o noivo de Patricia que o amenazara con non volver a tocar a
Patricia, entón Flor acompañao, Victor que e o noivo de Patricia
ve a Flor e avisa ao señor Luna. Despois do colexio o señor Luna
aparece e deixa inconsciente a Pablo e secuestra a Samara. Cando
Pablo esperta vai avisar a Flor, ella contalle toda a historia dos
traficantes e Pablo xunto cuns amigos e Flor van rescatar a Samara
que estaba nunha fábrica. Chegan a fábrica e cóllenos. Despois
aparecen os galegos da droga e empeza un tiroteo. Ao final Pablo
consegue saír e avisar a policía, o edificio explota pero os outros
sálvanse por un pasadizo secreto e o señor Luna dalle medio millon
de dolares a Flor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario