Resistencia
é un libro que trata sobre a vida dun mozo de Portugal chamado Dinís
que namora dunha rapaza chamada Filipa. Nos primeiros capítulos do
libro relátase a historia da súa familia. O pai de Filipa, Rui,
tiña unha irmá chamada Filipa que desafortunadamente morreu no mar
e daquela Rui xurou que cando tivera unha filla lle poñería ese
nome e namorou dunha rapaza chamada Inés e así o fixo. A nai de
Dinís, Isaura, fora froito dunha violación duns traballadores da
fábrica onde traballaba súa nai. A súa nai morreu pouco despois do
parto. Isaura namorou dun home chamado Antonio Gonçalves pero el
estaba casado así que mantiveron o seu amor oculto e tiveron un
fillo xuntos.
Filipa
vivía en Coímbra cos seus pais e cando podía ía a San Pedro de
Moel coa súa avoa para así poder quedar con Dinís. Dinís tivo que
marchar a guerra a Mozambique onde coñeceu a Miguel da Silva que
estivo ao seu lado mentres os outros violaban as nativas e cometían
outros delitos. Estes fixéronse moi amigos dunha nena que violou
Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves. Miguel morreu e Dinís
quedou marcado.
Cando
regresou da guerra fixeron unha revolución na fábrica de vidro na
que traballaban e Dinís e Raúl, un compañeiro da fábrica,
remataron no cárcere, mentres que outros dous morreron e tres
fuxiron.
No
cárcere torturárono para sacarlle información e mantivérono
illado as primeiras semanas. Dinís estivo a piques de suicidarse
pero levárono cos outros presos. Filipa tívose que exiliar co seu
pai a Brasil porque a perseguían e queríana apresar debido as súas
crenzas políticas. Dinís escribíalle todos os días cartas á súa
nai e a Filipa pero os carcereiros non entregaban as cartas dirixidas
a Filipa e enviáronlle a ela unha carta que dicía que Dinís
morrera.
Cando
os presos políticos de Peniche estaban planeando unha fuxida polo
mar chegou ao cárcere que o réxime salazarista, agora dirixido por
Marcelo Caetano, estaba a piques de ser derrotado. O 25 de abril de
1974 foi a Revolución dos cravos e o 26 de abril todos os presos
políticos foron liberados.
Dinís
e todos os seus compañeiros volveron a casa pero non soubo máis
nada de Filipa ata o final da historia cando morre Rui e Filipa vai a
Portugal para tirar as cinzas e descobre que Dinís non está morto.
OPINIÓN
PERSOAL:
Gustoume
moito este libro porque conta unha historia moi entretida que
seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as
enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día
naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor, tamén
nos conta a historia de cómo foi a vida durante o réxime
salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a Revolución
dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode
aprender da historia dun lugar que nos queda moi perto.
Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario