Hoxe
en día todos dispoñemos dun teléfono móbil e de conexión a
internet case as 24 horas do día e moita xente parece vivir única e
exclusivamente para as redes sociais, esquecéndonos de que hai máis
vida. Moitas veces plantéxome todo o tempo que perdemos en publicar
cada segundo das nosas vidas ou en mirar como viven os demais. Todo
sería moi distinto se en lugar de publicar todo, desfrutásemos máis
de cada momento, pasando máis tempo cos amigos e coa familia,
viaxando, coñecendo novas culturas e desconectando de todo por un
momento.
Internet
foi un gran invento que nos proporcionou cousas moi positivas como:
-
Poder comunicarse con xente que fai moito que non ves.
-
Dispoñer dunha amplísima variedade de medios de información de todo o mundo, o que fai moito máis difícil a nosa manipulación, xa que nos sobran medios para contrastar a información, etc.
Pero
tamén nos provocou moitísimas cousas negativas como:
-
O ciberacoso, xa que internet permítelle ao individuo empoderarse, agocharse detrás da pantalla e soltar toda a súa rabia e frustración contra outra persoa.
-
A desconfianza por descoñecer todo o que internet sabe de nós e en que o vai usar.
-
A adicción ás redes que moita xente sofre, etc.
En
definitiva, internet foi un gran avance para a humanidade pero
deberiamos vivir máis pendentes de desfrutar a nosa vida e deixar aos demais vivir a súa, sen criticar e sen controlar cada movemento
que dan e darlle un uso responsable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario