Este
libro trata sobre unha rapaza chamada Auria. Auria é filla de
solteira e iso provócalle un certo asco cara os rapaces. O cura
propúxolle unha viaxe por Europa a Auria e máis rapaces da súa
idade. Luisa, a nai de Auria, deixouna ir e pagoulle a viaxe. Entón,
emprendaron a viaxe un día pola mañá cedo. A primeira parada foi
en Guipuscoa. Esa noite durmiron alí nun camping. Ao día seguinte,
chegaron a París onde pasaron dous días. Despois de París, foron a
Bélxica onde pararon en Bruxas e Bruselas. Cando pararon en Viena,
durmiron en casas que xente lles deixaba. Nesta excursión, Paio
díxolle a Auria que a quería e de volta a casa déronse un bico.
Auria
e Paio escribíanse todos os días xa que estaban namorados.
Un
día, Auria liu unha noticia no xornal que morrera de accidente de
coche o pai de Paio. Con esa noticia descubriu que o seu pai era o
pai de Paio. Ao saber iso, Auria quíxose suicidar. Entón, abriulle
ao gas pero deuse conta de que sería unha parvada. Cando estaba
facendo iso Frida chamou ao timbre.Frida levou a Auria deica súa
habitación onde durmiu mentres Frida lía o diario de Auria onde lle
escribía todo o que lle sucedía a unha amiga imaxinaria chamada
Merche. Ao saber o motivo do suicidio, Auria e Frida decidiron que
Auria non contactase máis con Paio. Un día, Auria ía a librería
mercar uns libros para o colexio cando se atopou con Salvador. Este
díxolle que Paio o estaba a pasar moi mal por ela deixalo desa
maneira .Entón, Auria decidiu quedar con
el.
Cando o viu estaba máis guapo do normal. Falando co rapaz, este
díxolle que morrera o seu pai adoptivo. Iso significaba que Auria e
el non era irmáns
e acabaron bicándose e volvendo a estar xuntos.
A
min este libro ao principio non me gustou. A pesar diso, seguino
lendo e acaboume gústando moito. Recoméndollelo a todas ás
persoas que lle gusten as novelas de amor e intriga porque creo é
unha novela que lles pode gustar.
Andrea Suárez Souto (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario