Esta
historia trata dunha rapaciña chamada Celia, a cal un día contoulle
un conto aos seu sobriños Paloma e Ricardo. A historia conta que un
dragón chamado Nogard, que foi buscar unha chave para salvar o
setestrelo e facer unha festa. Despois de ir durmir, uns ratiños
chamaron a Celia para que os axudara, e ela foi con eles ao sótano.
Alí había moitos ratos enriba dunha mesa comendo un banquete. Os
ratos eran: Chop, Chip, o rato de biblioteca, Tirizó, a ratiña,
Tique e Taque. Despois de comer, os ratiños dixéronlle que era o
Papa-palabras quen tiña a chave do setestrelo, e tiñan que
conseguila, senón non poderían facer a festa. Entón, todos
zarparon a Milmontes, onde se atopaba o Papa-palabras. Cando estaban
a piques de chegar, encontráronse con Nogard, un dragón que chuspía
auga, era verde e non voaba. O rato de biblioteca, Nogard e Celia
foron a Milmontes e falaron con Terebinto para poder pedirlle ao
Papa-palabras que lles devolvese a chave do setestrelo. Cando
entraron a falar co Papa-palabras, dixo que tiñan que xogar a uns
xogos para poder recuperala: o primeiro consistía en poñer palabras
e sumar puntos, e como o Papa-palabras era un tramposo gañou esa
ronda; na seguinte o Papa-palabras escondera algo e Celia tiña que
atopalo, e así foi; na seguinte proba, era Celia quen tiña que
esconder algo e o Papa-palabras atopalo; por último, o Papa-palabras
fixera unha poción para flotar e Celia unha para embelecer, e foi
ela a gañadora.
Cando
subiron, o Papa-palabras raptou a Celia, pero a xogada non lle saíu
ben xa que o rato de biblioteca atárao, e deseguido atoparon a chave
nun bote de fabas.
Cando
recuperaron o setestrelo, fixeron a festa Maior, e Nogard bebeu un
pouco zume de laranxa máxico grazas ao que puido chuspir lume.
Finalmente,
Celia contoulles o final da historia de Nogard a Ricardo e a Paloma,
engadindo que non se creerían quen foi a persoa que axudou a Nogard…
Gustoume
porque fala de cousas fantásticas como dragóns ou monstros, e
entretívome moito.
Mario Romar Santos (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario