Aire Negro é unha
historia que trata sobre unha rapaza chamada Laura Novo que reside
nun a clínica debido a un accidente. Victor é o seu doutor e o
encargado de que a paciente supere unha neurose e tamén de adiviñar
que foi o que lla provocou.Victor entérase de que Laura era escritora e
mándalle que escriba todo o que vaia recordando e que llo entregue a
el cada día.
Laua comeza dicindo que
tivera un mestre que se chamaba Carlos e que estivera namorada del no
instituto pero que tivera que mudarse, e fora para Madrid perdendo o
contacto con el. Anos despois entérase de que el vivía en Lugo e que
tiña un hotel. Ela decide ir velo aproveitando para
desconectar dos seus problemas familiares e tamén por un traballo de
periodismo que lle encargaran.
Cando chegou colleulle
de novo moito cariño a Carlos e pasábao moi ben pero ao cabo dalgúns días decátase de que un empregado de Carlos evitaba o contacto
con ela en todo momento e isto producíalle curiosidadede, así que llo
preguntou a Carlos e el respondeulle que se trataba pola súa cor de
pelo. Laura tiña o cabelo roxo.
Carlos explicoulle que preto de alí
había unhas covas que supostamente conectaban co inferno e que nel
residía a gran besta, unha criatura parecida ao demo e que nese pobo
dicían que as roxas facían espertar a gran besta e provocar
grandes males. Laura intrigada foi visitar esa cova e a partir de aí comezaron a producirse accidentes como a morte do can de Carlos,
Dédalo, e un intento de asasinato a Iria, unha rapaza que fora ao
hotel e se fixera gran amiga de Laura e incluso se tinguira o pelo de
vermello como ela.
Laura decide volver a Madrid pero Carlos búscalle
sentido lóxico aos incidentes e consegue que Laura volva. Un día
ela máis tranquila decide ir dar un paseo polo monte pero cando se dá
conta empezara a chover e tronar. Isto provocou que empezara a correr
para o hotel. Pero mentres corría sentiuse observada e ao mirar para
atrás viu como unha masa de escuridade se empezaba a transformar
nunha especie de persoa e a seguía- Entón caíu un raio enriba deles
dous que foi o que provocou o transtorno de Laura, pero a Victor non
lle acaba de convencer iso da gran besta, así que decidiu ir ata a
cova, e ao encontrala era tal cal Laura a describira e o máis sorprendente era ese olor tan horrible que Laura dixera.
Victor, abraiado,
foi buscar a Carlos e fíxolle preguntas sobre Laura e a gran besta. A
resposta que máis lle sorprendeu a Victor é que queimara todo
o relacionado con ela para que a gran besta non a encontrara e que aqueles días Laura tivera coidado xa que ía cumprir o ano dende que a
gran besta espertara e era cando ía a encontrar.
Victor asustado foi
correndo o máis rapido que puido cara o hospital e ao chegar o
doutor Montenegro chamouno para dicirlle que Laura desaparecera. Victor foi comprobalo e no seu cuarto había probas que confirmaran que a gran besta estivera alí e marchara
con Laura. Faría tres anos dende que Victor contara esta historia e
prometeu non dicirlle a ninguén que no noso mundo tamén vivian demos
connosco e para que non saltaran as alarmas respecto á desaparicion
de Victor dixo que Carlos e ela marcharan xuntos as escondidas.
Gustoume moito porque
cumpre coas facetas necesarias para que me guste un libro que son a
tensión e a intriga durante a lectura.
Bertín Suárez Negreira (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario