O
30 de xaneiro foi o Día da Paz. Nese día fixemos un xogo no que eramos
distintos continentes. Nós eramos Asia. O obxectivo do xogo era
perder armas e mellorar en distintos campos como a educación ou a
alimentación. Ao final do xogo gañaba quen conseguira máis puntos
e baixara as armas. Nós fixemos ao revés: aumentamos as armas e só
perdemos 1 punto de medio ambiente.
Despois
fomos a un muro onde estaban distintas frases da paz, libros e
películas. Estivemos falando de cal nos gustaba máis. A min
gustoume un que era sobre o que é de verdade o premio Nobel da Paz.
Dos libros gustoume 36-39, que ía sobre a guerra civíl española.
Tamén
nos explicaron que era a paz e que non era só o contrario a guerra. E
estivemos falando sobre o que provocaba as guerras e que case sempre era pola loita polos
principais recursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario